xoves, 9 de febreiro de 2012

PLENO ORDINARIO 26/01/12

PLENO ORDINARIO COMITÉ DE EMPRESA
DIA 26 XANEIRO 2012
Non hai orden do día por non haber Presidente.
Comenza o pleno e toma a palabra a CGT para comunicar ao resto do comité que tiveron una reunión coa Dirección “ Sr Silveira” o día 17/12/12. Nela preguntaron ao Conselleiro Delegado polos rumores que circulan polo hospital.
Cartillas de Portugal. Responde a empresa que non hai nada sobre ese tema.
Convenio MUFACE. Veñen a alguna consulta porque os Hospitais que teñen como referencia non teñen esas especialidades, pero non hai ningún concertó con esta mutualidade, os seguros que teñen a os funcionarios utilizan outros hospitales para eles.
Concerto co Sergas. Está en punto morto.
Preguntan tamen pola posibilidade de readmitir aos despedidos/as de arquivo e despedidas de limpeza. Responden que para os primeiros non hai sitio donde recolocalos e sobre as segundas, en todo caso dentro dun ano, pois o contrato coa contrata non finaliza hasta ese tempo, e seria sempre con outras condiccións laboráis e salariales ( convenio provincial ).
Contratos Sergas. Responden que despedirán a todos e logo contratarían alguns e a outros non.
O secretario do comité “ Jacinto Balboa” comunica que recibíu una invitación para todos os membros do comité para asistir a presentación da ponencia Seneca (sobre calidade e seguridade do paciente) Ponente Luisa Geremias Director medico. Sera o luns 30/01/12 no salón de actos as 14 horas.
A CIG pregunta a CGT se a dirección dixo que habría máis despidos en Marzo.
CGT Resposta que a dirección dixo “ Ha empresas fara o que teña que facer para facer viable a empresa. Tamen comentou a empresa que está vendo un baixo nas Teixugueiras para Dialisis e Rehabilitación.
A esterelización se lle reduxo a xornada a 35 horas e sobra una persoa.
A CGT pregunta a CIG pola sentenza dos atrasos.
A CIG resposta que a sentencia os remite a comisión paritaria. Xa está presentado o recurso da sentencia. Se a comisión paritaria non chega a un acordó, voltara a presentar denuncia no xulgado.
Chus Neira (CIG) coma secretaria da comisión de saude laboral, comenta a última reunión.
O plan de evacuación está casi rematado, faltan por nombrar as persoas responsables.
Habra unas fichas de utilización de productos tòxicos.
Trataron tema de guantes defectuosos ( rompen moitos) a empresa esta facendo un estudio se isto se debe a una partida defectuosa ou se é pola mala calidade dos guantes.
Tamen expuxose tema das xeringas de 10 que hai que facer moita forza para cargar.
Sobre accidentes laboráis. Entregaron os accidentes que houbo , todo por esquemas e baixaron os accidentes. Se lle pediu que o informe sexa por especialidade, planta e porque? Respostan que non.
Faltan os accidentes por pinchazos, o entregaran próximamente.
Protocolo de maternidade. Según a empresa agora non fai falla quitar as mulleres embarazadas de Rx e MN.
Os delegados quedaron de informarse se cambiou a lexzislación sobre este tema.
Posiblemente fagase un simulacro de evacuación do hospital en febrero.
CCOO pregunta ao resto das seccións se xa respostaron a empresa sobre o retorno as negociaccións do convenio. Nos Xa respostamos que a partir do luns pasado cando a empresa queira.
A CIG di que xa lle contestaron e que puxeran como condición a empresa a celebración da asamblea de traballadores, está xa se fixo e aprobaron o anteproxecto. ( asamblea feita por CIG e SGPS). Con este anbteproxecto é co que van negociar. Subida lineal de 40 euros para todos resto do convenio como está.
O resto das seccións sindicais respostan que xa comunicaron a empresa a disposición a seguir negociando o convenio.
A CIG entrega ao secretario as facturas dos gastos despedidas, cuñas publicitarias, pitos, lazos ect.
A CIG propón que cos cartos da conta do comité se lle abone a xente que apoiou a folga 100 euros por dia de folga para xornada completa e 80 euros os de xornada reducida.
UGT propon 50 euros como na folga anterior.
CCOO di que está deacordo coa CIG e SGPS.
A CIG di que está proposta é da asamblea de traballadores, na última asamblea convocada por CIG e SGPS.
CGT di que este pago o ten que aprobar a asamblea de traballadores que pagan a cuota, e así aproveita o secretario para pedir permiso para mercar un ordenador novo para poder facer as actas no local do comité e non ter que seguir facendoo na casa.
Quedase en facer una asamblea o luns 30 as 15 horas para poder facer efectivo o pago a primeiros de febreiro aos traballadores afectados. Tendran que presentar a nomina máis a anterior.
Preguntaselle a delegada de saude laboral da SGPS se denuncio na reunión de saude laboral que nos locais do comité se fumaba. Ela resposta que si, que non se pode fumar en ningún lugar do hospital e que o personal de Povisa, se lle queixou de que no pica cheira a tabaco.
A CIG preguntalle a CCOO sobre a denuncia que presentamos por esquirolaxe da empresa ao contratar una empresa para limpar durante a folga,” di que esta pregunta lle mandaron facela as limpadoras despedidas. CCOO responde que esta denuncia está en traballo e mentras este non conteste non se pode ir a via xudicial, que en canto estea o faremos. POR QUE AS LIMPADORAS NON SE DIRIXEN DIRECTAMENTE A QUEN PRESENTOU A DENUNCIA? .
Por parte da CGT chaman a unidade sindical e se non se vai a facer un anteproxecto conxunto.
Sobre a unidade sindical a CIG di que apoiara todo no que ela crea que non vai a acatar ninguna maioria e sempopre fara o quer considere oportuno.
Miguel Touron pediu a palabra e dixo que el non vai firmar ningún cheque máis e que o comité ten que designar a outra persoa para este tema. Que xa o dixo no pleno anterior.
Unha delegada da SGPS pediu a palabra para explicar porque traballou durante a folga.
CCOO decimpos que non nos interesan as explicacións.
Damos por rematado o pleno.

Ningún comentario:

Publicar un comentario