venres, 17 de febreiro de 2012

manifestacion

AS 11:30 h. DENDE A VÍA NORTE

O GOBERNO ABARATA E FACILITA O DESPEDIMENTO

Redúcese a indemnización de 45 días por ano, cun límite de 42 mensualidades no despedimento
improcedente, a 33 días e un límite de 24 mensualidades en todos os contratos indefinidos; pero
todo o texto da reforma aposta decididamente por un despedimento único de 20 días.

FACILITA O DESPEDIMENTO DO PERSOAL DAS ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS
Incide na calidade dos servizós públicos facilita o despedimentos dos empregados públicos.
Deste xeito, postos de traballo ata agora cubertos con contratos laborais poderán ser ocupados
por desempregados/as perceptores da prestación por desemprego.

IMPLANTA O DESPEDIMENTO LIBRE E GRATUITO
Non reduce os tipos de contratación indefinida e créase un novo contrato indefenido de dubidosa
constitucionalidade, que poderán utilizar o 95% das empresas e que poderá extinguirse dentro do
primeiro ano sen indemnización, pola simple bontade do empresario.

DÁSELLE MÁIS PODER Á EMPRESA

Por unha banda, amplía as posibilidades de mobilidade xeográfica; por outra, facilita que a em-
presa modifique unilateralmente xornada, horario, salarios e sistema de rendementos, entre
outras condicións substanciais de traballo. Tamén permite suspender ou reducir temporalmente a
xornada de traballo sen autorización administrativa.

AFECTA GRAVEMENTE Á NEGOCIACIÓN COLECTIVA

Conduce os traballadores e traballadoras á negociación individual das súas condicións de traba-
llo. Por unha banda, permite, que, a través da arbitraxe obrigatoria, non se apliquen os convenios.
Pola outra, acaba coa ultractividade destes aos dous anos da fin da súa vixencia inicial. Ademáis,
o convenio de empresa, sexa cal sexa o número de traballadores, sitúase sen excepción como
preferente respecto ao convenio de ámbito sectorial.

INTRODUCE DIFERENZAS NAS POSIBILIDADES DE EMPREGO

Coloca en mellor situación os parados que perciben prestacións por desemprego respecto daque-
las persoas que as esgotaron. Creanse as condicións para condenar definitivamente as mozas
e mozos ao desemprego e ao infraemprego pola vía da contratación a tempo parcial e dun novo
contrato de aprendizaxe desvinculado realmente da formación.

Ningún comentario:

Publicar un comentario