A TODALAS-OS TRABALLADORAS-ES DE POVISA
Os traballadores de POVISA enfréntanse a unha nova amenaza de RECORTES, en forma de disminución de xornada e salario e mesmo de despido.
A dirección de Povisa decidida a RECORTAR, iniciou xa fai un tempo unha campaña de reducir costes sin contar coa opinión dos traballadores, dos seus representantes, nin do persoal afectado.
Povisa o fai e o SERGAS-Xunta de Galiza o consinte.
CC.OO. DENUNCIA o incumplimento dos acordos de xuño de 2006, donde a POVISA garantizabase a concertación E A CARGA O E O COMPROMISO A COMO MÍNIMO MANTER O EMPREGO EXISTENTE. Enténdese que "nas mesmas condicións".
CC.OO. rexeita a ameaza a 142 traballadoras-es de POVISA de que reducen a xornada e o salario un 12,5% o serán despedidas-os , baixo coacción e amedrentamento e con moitas presas .
Esiximos NEGOCIAR a proposta e polo tanto retrasar a data do 29 de febreiro para que os traballadores contesten si aceptan ou non os recortes o despidos. Basta xa de aproveitarse da situación de crisis no país .
CC.OO., esixe UNIDADE dos SINDICATOS, e pide unidade dos traballadores, para pararlle os pes a Dirección de POVISA e pedirlle a Xunta de Galiza que esixa a POVISA cumplir o acordo firmado.
A direción de Povisa cumple ou que se vaia e que A XUNTA expropie Povisa e se faga cargo dos seus traballadores-as.
E os compañeiros da C.i.G. lles decimos que asuman a súa responsabilidade.
Empezando por asumir como sindicato mais votado a Presidencia do Comité de Empresa. Non se pode pedir o voto para representar os traballadores e despois agacharse detrás da "revolución e a pancarta" sen mais. As pancartas si, pero coa unidade dos traballadores detrás
Ningún comentario:
Publicar un comentario