venres, 24 de xullo de 2015

REUNIÓN COA DIRECCIÓN DO DÍA 23/07/15

1º PRESENTACIÓN DO COMITÉ DE EMPRESA.

2º SITUACIÓN ECONÓMICA DA EMPRESA: TAL E COMO RECOLLE O ARTIGO 64 DO ESTATUTO DOS TRABALLADORES.

CONSELLEIRO DELEGADO: dinos que nos vai facer a mesma exposición que se fixo na xunta Xeral de accionistas do 26/06/15.
As contas foron aprobadas na Xunta Xeral de Accionistas. Lee os informes da auditoria e da Direccion sobre as contas do ano 2014.
A facturación do sector Privado baixou un 2% e do sector publico un 7%.
Os ingresos forón de 100.466 milloóns de Euros, beneficios despois de impostos 809000 euros.
Gastos de Persoal 61742 millóns euros.
A xunta xeral de accionistas tomou a decisión de non repartir beneficios.

PREVISIÓN E EVOLUCIÓN CONTAS DO 2015

CONSELLEIRO DELEGADO: Di que a previsión para este ano é que a empresa entre en perdas e que a previsión é de 5 millóns de euros. Os dous trimestres deste ano xa derón perdas, e preven seguir perdendo os dous seguintes.
A perda de poboación adscrita (5000 persoas menos) agora mesmo son adscritos a Povisa 133573 persoas. a facturación ao sector publico sera de 3160080 euros menos. tamen bde aixou a facturación por accidentes laborais e de trafico.
Tamen ten un impacto importante a subida do iva, pasa do 10%  ao 21%. e a subida das cotizacións dos traballadores ( o que paga a empresa por cada traballador a seguridade social).
Pide ao novo comité que se ten que sentar a falar, e negociar un convenio, donde hai que falar da parte social do convenio e que as contratacións novas sexan con outro salario. Que pode ser por un tempo ou ligado a resultados. As conversas teñen que ser de boa fe.

EVOLUCIÓN DO EMPREGO

DIRECTOR RECURSOS HUMANOS: no ano 2010 había 1485 traballadores dos cales o 72%  indefinidos no 2015 pasan a ser o 85% indefinidos. O número actual de traballadores é de 1370.

RESULTADOS DE CALIDAD E SEGURIDADE.

DIRECTORA DE ENFERMERIA:  Dá conta de todas as certificacións que ten o Hospital e tamen enseña os datos das auditorias, donde povisa está moi ben calificada.
Recorda que o plan de calidade está na intranet de Povisa e que calquer traballador pode velos.

CONSELLEIRO DELEGADO: pon a disposición de Calquer menbro do Comité de Empresa estes datos para a sua exposición publica.
Non vai tolerar mentiras no tema da calidade e seguridade dos pacientes, por parte dios traballadores de Povisa.
Explica a evolución da lista de espera, e de porque Povisa sae mal parada con respecto ao resto das listas de espera do Sergas. O sergas ten un rexistro que é donde está todas as persoas pendentes de operar e logo unha lista de espera. No primeiro están os que se negan a ser operados en hospitais privados e os que estan pendentes por motivos de saude de poder operarse.
A lista de espera de Povisa están todos os pacientes. No Chuvi hai pacientes que levan 3 anos esperando para operarse dunha cadeira.
O compromiso desta Dirección é de evitar o afundimento da empresa a traves do compromiso entre todos.
Pide o compromiso do Comité de empresa, e sabe que o 99% dos traballadores de Povisa teñen tamen este compromiso. Pide que todos estemos no mesmo lado para revertir a situación da empresa.
Non habera ningun ERE nin despidos e tampouco máis reducións de xornada ( como moito en algun servicio pequeno)

Ningún comentario:

Publicar un comentario