Antes de comenzar o pleno do Comité, toma a palabra a Presidenta e informa que como non está a Secretaria fara as funcións desta Josue.
1º Solicitar ronda de Prensa tras inicio das obras e polos 13 despedidos.
Toma a palabra a CGTSGPS, e expón que se debería facer unha ronda de prensa para falar que Povisa esta facendo obras de ampliación e a sua vez despediu a 13 traballadores/as.
CIG. Esta deacordo
OMEGA. Non esta deacordo.
CCOO. Primeiro habera que solicitar unha reunión coa empresa para que esta explique ao Comité estas. Sobre os despedidos, alguns deles xa chegaron a acordos coa empresa, e o tema dos despedidos creemos que deben negociarse dentro da negociación de Convenio.
UNENF. A favor da ronda de prensa pero antes quere recabar información da empresa sobre as obras.
USO: non está deacordo coa ronda de prensa, os despedidos estan en via xuridica e as negociacións xa se fixeron no seu momento.
CIG: Si vai seguir falando dos despedidos a pesar do que digan os demais.
ACORDO: Pedir reunión coa Empresa para que está nos informe sobre as obras e logo se consesuara todo.
2º Retomar as charlas en asambleas veciñais e asociacións.
CGTSGPS: Di que tiveron chamadas de asociacións para retomar as charlas informativas que o Comité estivo realizando antes das eleccións sindicais, informando do que está pasando en Povisa e recavando o apoio dos cidadans.
CIG: Apoia a proposta.
OMEGA: Non está a favor de facer asambleas cidadanas.
CCOO: Non está deacordo, os temas internos da empresa non deben sair a rua.
UNENF: Deacordo pero consensuando os contidos do que se vaia decir.
USO: A loita debe ser dentro, Non está a favor das asambleas veciñais.
ACORDO: Para o próximo pleno se consesuara a información que se levara as asociacións de veciños. Antes de final de mes se enviaran as propostas das distintas seccións Sindicais.
3º PROMOCIÓN INTERNA
CGTSGPS: Di que hai que facer cumplir a promoción interna.
ACORDO: Pedir reunión con Dirección para que se cumpla.
4º VOTACIÓN SOBRE A CONTINUIDADE DO REGULAMENTO INTERNO OU DEROGACIÓN.
CCOO: Solicita retirar este punto, pois realmente o que quere e facer unha modificación do regulamento .
Se apraza para o vindeiro pleno e as seccións sindicais faran as propostas sobre a modificación do regulamento.
5º CREACIÓN DA COMISIÓN PERMANENTE DO COMITÉ DE EMPRESA
CCOO: Propón que se aprace este punto para o vindeiro pleno pois este punto vai dentro das modificacións do regulamento interno.
6º PRESENTACIÓN DO INFORME DE CONTAS
Faise entrega do estado de contas.
UNENF: Comenta que aos seus afiliados que se den de alta na couta do Comité restaralle eses tres euros da cuota sindical.
Di que se é posible pagar a cuota en efectivo, pois pode haber traballadores/as que non queiran pagalo a traves da empresa.
CIG: Di que a votación donde se elexiu aos tesoreros hai que repetila xa que tamen votaron os medicos e estes non pagan a cuota.
7º CREACIÓN DUNHA PAXINA " WEB" DO COMITÉ DE EMPRESA
UNENF: Propón a creación dunha paxina WEB donde se poida informar aos traballadores/as, sería só para o persoal.
CIG: Pide tempo para pensalo e valoralo.
OMEGA: A favor, pon certos reparos a publicar as actas.
CCOO: a favor, coa salvadade de que os temas reservados non se poden publicar.
CGTSGPS: Teñen que pensalo, poñen reparos a certa información sensible.
USO: A favor, pide que se consensue a información que se publique.
ACORDO: Votarase no vindeiro pleno.
8º GRABACIÓN DOS PLENOS DO COMITÉ
UNENF: Propón grabar os plenos.
Todos deacordo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario