1º) LECTURA E APROBACIÓN DAS ACTAS ANTERIORES
Todas as seccións Sindicais leerán as actas e no próximo pleno
entregarán as alegacións por escrito.
Se entrega copia da denuncia ao colexio de enfermería.
2º) DENUNCIA DAS FUNCIÓNS DAS AUXILIARES
Denunciado en Inspección de Traballo por CIG e CGTSGPS.
Pendente da sentenza sobre o mesmo tema( demanda de CGT) do Xúzgado
nº 5.
CIG: Mentras non saia a sentenza non emitirá ningún informe.
Está pendente por parte da empresa, de facer outro informe,( por
parte da empresa de traballo laboral)l, donde se recollerá as novas
funcións.
CGTSGPS: Está elaborando un dossier de persoas, días e plantas
donde fan funcións de celadores.
CIG: Ten pendente outro Xúizo.
Acordo: Xa que hai denuncias en curso, non ven aconto facer votación.
Millor esperar a que salgan as sentenzas pendentes. Logo ver
alternativas. Facer asamblea e dar información de este punto.
Aprobado por maioría absoluta.
Asamblea o día 15 de outubro as 14,00 horas e 15,15 horas.
3º) RECORTE DE HORAS POR VOTACIÓNS.
Comentase o tratado no día de onte en Insp. de Traballo. Dado que
non se resolveu o problema do recorte de horas de votacións.
Acórdase levalo as asesorias xuridicas dos sindicatos para o seu
estudio.
4º) ESCRITO DENUNCIA AO COLEXIO DE ENFERMERÍA
Añadese o nome da coordinadora na denuncia.
Aprobase por 15 votos a favor ( maioria absoluta)
5º) TESORERÍA
Exponse a reunión mantida con ABANCA EMPRESAS e a Directora de
asuntos económicos de Povisa.
A conta do Comité de Empresa nestes momentos está bloqueada, ABANCA
non permite o troco de tesoreros, pois di que non pode haber unha
conta con un NIF da empresa.
Unha solución e crear unha asociación propia e mover o diñeiro a
esa conta.
A Asociación de traballadores sin ánimo de lucro, habería que
facer estatutos propios e declaracións trimestrales a Facenda.
CIG: Propón facer asamblea de traballadores que pagan a cuota do
comité, para ver que deciden.
Acordase facer asamblea ( pendente de data)
6º)CERTIFICACIÓN DE PROFESIONALIDADE ( CCOO)
Exponse por parte de CCOO, Solicitar a Empresa que solicite a Xunta
de Galicia a acreditación de profesionalidade dos celadores, para
que a Xunta recoñeza a categoria de Auxiliar de Enfermería ao
colectivo de Celadores.
Acordase que cada sección sindical o estudiara coa súa asesoría
xurídica.
Este tema o levará a comisión de formación.
7º) INFORMACIÓN DA REUNIÓN DE SAUDE LABORAL E EVOLUCIÓN
PSICOSOCIAL.
Informan os compoñentes da Comisión de Salud Laboral do resultado
do estudio Psicosocial realizado por Fremap.
O informe consta de 280 paxinas.
Fixeron o estudio 536 traballadores/as de 1325, o 40,5% dos
traballadores. So se fixo o estudio aos colectivos que alcanzaron o
40% nos test.
O resultado do estudio di que os traballadores de Povisa estan
cómodos na empresa.
Medidas que ten que tomar a empresa.
_ Incentivar aos/as traballadores/as
_ Formación dos mandos ( mala comunicación)
_ Estabilidade horaria e turnos (millorar)
_ Informar aos traballadores do resultado do estudio.
Farase un protocolo de actuación ante o acoso e solución de
conflictos.
Entre 3 e 5 anos farase unha nova evaluación psicosocial.
tanto a CIG coma CGTSGPS cuestionan como se fixo e a sua validez.
8º) Creación dunha paáxina WEB DO COMITÉ DE EMPRESA
CIG: Non vai participar na páxina WEB
CGTSGPS: non vai participar tampouco.
UNENF: Non pon pegas en participar.
CCOO: Non pon pegas a participar
USO: Non pon pegas en participar.
CGTSGPS: Quere que conste na acta que non vai formar parte de esa
páxina.
CIG: Asume o dito por CGTSGPS
UNENF: Quere saber se estas centrais sindicais teñen algunha razón
de peso para oporse a esta paxina WEB
CIG: Xa existen as asambleas de traballadores para informar. Ademais
estan estudiando denunciar o regulamento interno.
Van potenciar o seu propio blog e ver si publican as actas ou non.
CGTSGPS: Non estan dacordo de entrada co regulamento interno, canto
máis poñernos de acordo coa páxina WEB e os contidos que se
escriban. So son responsables das suas opinións.
OMEGA: Non ven dado a situación actual, adecuado a páxina WEB
CCOO: Está dacordo coa creación da páxina WEB.
USO: A favor si se consensua o que se vai por na páxina.
UNENF: Que se vote a creación da comisión da páxina WEB.
A CIG abandona o pleno para non participar nas votacións
Votación votos a favor 7 ( CCOO, UNENF, USO), en contra 2 ( OMEGA,
CGTSGPS) Abstencións 1(UNENF)
CIG: A votación non é valida, segun regulamento interno, pois non
había cuorum durante a votación, menos de 12 membros do comité.
Acordo: Anulase a votación e non se crea a comisión da paxina WEB.
9º)PRESENTACIÓN NOVO REGULAMENTO INTERNO DO COMITÉ DE EMPRESA
O Regulamento foi rexistrado na Autoridade Laboral o día 24/09/2015.
Creación da comisión de contratos.
CIG: di que a comisión esté formada por todos os integrantes do
comité de empresa.
OMEGA: a favor de crear a comisión, pero non van participar.
CCOO: a favor de crear a comisión e que cada sección sindical nomee
a seu representante.
CGTSGPS: non está dacordo coa comisión nova que se crea en base ao
novo regulamento interno xa que o van denunciar.
ACORDO: Pendiente das asesorías xurídicas sobre a validez da
comisión no caso de que algunha central sindical non participe.
Ningún comentario:
Publicar un comentario