Dende
Sección Sindical de CCOO POVISA ante as afirmacións de varias
centrais sindicais de que CCOO non apoia a folga de fame dun
traballador e de tres membros do comité de empresa, queremos
manifestar o seguinte:
1º)
A decisión de convocar folga de fame e Rolda de prensa non se
acordou no Comité de Empresa, polo que CCOO non puido manifestar a
súa posición. Evidentemente CCOO SI RESPECTA e APOIA a decisión
tomada individualmente por estes compañeiros.
2º)
CCOO está a prol da unidade de TODOS, traballadores e sindicatos. A
unidade dende o respecto á democracia, pero nunca dende a
imposición. CCOO rexeita a toma de decisión dende o ninguneo a
algunhas centrais sindicais e á maioría dos traballadores. Non imos
calar ante as contínuas exclusións de CCOO na toma de decisións.
3º)
CCOO defende os postos de traballo e un convenio colectivo que
respecte o salario, o emprego e os dereitos dos traballadores de
POVISA.
4º)
CCOO defendeu, incluso nos tribunais a validez do convenio colectivo
que a dirección de Povisa quiso anular, do mesmo xeito que
recurrimos outro tipo de recortes.
Ningún comentario:
Publicar un comentario