O pasado día 12, enviámosvos un correo electrónico informando de que CCOO non iamos participar na manifestación que tivo lugar día 13 de marzo en defensa do mantenemento do emprego en POVISA.
Esta decisión adóptase en base aos seguintes acontecementos:
- día 27 de febreiro, Povisa da a coñecer o despedimento de 13 traballadores/as : 10 celadores e 3 arquiveiros.
- Trátase dunha decisión da Empresa, que non é nova, encamiñada a reducir custos a costa do persoal e seguir estreitando o cerco cara a un novo convenio <<provincial>>, logo da sentenza gañada por CCOO.
- Tras esta noticia, reunímonos os/as membros/as do comité e decidiuse convocar unha manifestación en apoio aos despedidos para o día 13 de marzo, e folga de fame en apoio aos despedidos para a semana seguinte.
- A sorpresa chega cando vemos que nos carteis para publicitar a folga non aparece o logo de CCOO.
- Fálase cos responsables, que din que se vai subsanar, pero nesa mesma noite "empapelan" o hospital Xeral co cartel como estaba, é dicir, sen as nosas siglas.
- A principios da semana pasada, a Presidenta (CIG), a secretaria (SGPS) e unha membra da CIG, puxéronse en folga de fame, sen respectar o acordado na xuntanza.
- Atopámonos cunha parte do Comité de Empresa con posturas e actitudes ríxidas, que non dan respostas á problemática actual, que non se moven un ápice nas súas posición e que ademais tratan de arrinconar a CCOO, que reclamamos unha saída negociada para dar fin a esta situación continua de morte laboral e a admisión dos despedidos/as, dos que tres son afiliados/as a CCOO.
- Estamos ás portas dunha nova convocatoria electoral en Povisa e isto nótase. Para algúns/unhas é máis importante a imaxe de cerrazón que os/as caracteriza que a necesidade que impera neste momento, o que é dar solución aos traballadores/as.
- Isto, xunto coa situación que estamos vivido dende hai tempo no interno do Comité en POVISA, é un esperpento que non ten visos de mudar.
Non somos os "palmeiros" de ninguén. Temos a obriga, a potestade e o respaldo dos traballadores/as de POVISA, que decidiron co seu voto nas eleccións sindicais, que foramos parte activa nas decisión que afectan ao colectivo.
Somos un Sindicato de clase no que a mobilización e a negociación é a nosa ferramenta cotiá na loita en defensa dos dereitos dos traballadores/as, nomeadamente dos postos de traballo.
Un Sindicato que negocia e non mobiliza é un Sindicato débil e un Sindicato que mobiliza e non negocia é un Sindicato inútil.
Xurxo Cabral Lemos
Secretario Sección Sindical de CCOO en POVISA
Ningún comentario:
Publicar un comentario