xoves, 15 de xaneiro de 2015

PLENO DO COMITÉ DE EMPRESA DO DÍA 08/01/15

1º Escrito sobre alumnos en prácticas.

Informarase os/as traballadores/as de que non deben facer equipo cos alumnos en prácticas. En ningún caso os alumnos deben sustituir a traballadores.
Xoves día 15 de Xaneiro redactarase o escrito e repartirase polo Hospital.

2º Accións a tomar frente as futuras medidas propostas polo Conselleiro Delegado.

CIG: Aínda que hai rumores de despidos, non ten constancia de a quén afecta e a quén non.
A postura vai ser plantarlle cara os despidos e as renuncias do convenio colectivo. Están dispostos a facer o que teñan que facer e chegar a donde teñan que chegar.

CCOO: Non facer nada mentras non exista algo enriba da mesa.

INDEPENDENTES: de acordo con CCOO

CIG: Nos sabemos o que quere facer a empresa, como nos dixo na reunión o Conselleiro Delegado, despidos, externalizar servicios e un convenio a baixa con menos días libres e menos vacacións. Solo hai que esperar  para ver a quen lle toca. Hai que tomar medidas antes de que sexa tarde.

CGT: pregunta a CIG se esta a plantexar mobilizacións?

CIG: Non plantexa facer nada, so se refire o que xa fixeron, ronda de prensa e escritos tanto o Presidente da Xunta, como a Consellería de Sanidade.

CGT: Hai que ser realista e ser consciente de que non imos a ter apoio social ningún para facer mobilizacións ou folga. Non imos firmar nin unha soa renuncia do noso convenio, aínda que haxa despidos. os que se queden quedaranse co noso convenio.
Parte do comité non vai apoiar as mobilizaccións nin folga, como xa pasou na ultima folga polos despidos do persoal de fin de semana.

SGPS: Non imos ceder nada do noso convenio. Pelexarase via Xudicial ou mobilizaccións.

CCOO: Secundará calquer folga que sexa apoiada polos traballadores nun referendum.

CIG: non imos convocar ningún referendum para que os medicos decidan polos traballadores. Se en Povisa entra un convenio diferente para os novos o final todos acabaremos con ese convenio, en 10 anos unha gran parte da plantilla de Povisa actual estará xubilada e despois acabara impondo o convenio dos novos para todos.

UGT: Esta de acordo coa CGT. Se non hai apoio maioritario dos traballadores non secundará as mobilizacións.

CIG: Propón empapelar Vigo cos carteis que tiñan previstos publicar cando os despidos dos contratos sergas e empezar a sacar a rúa a problemática de Povisa.

UGT: Prefire esperar a ver propostas concretas.

SGPS: É partidario de comenzar xa.

CGT: Prefire tratar o tema dos carteis e da opinión pública siga tratandose como seccións sindicais,  sen a presencia de CCOO e Independentes, fora do pleno como ata o de agora.

Varios
Leese comunicado da empresa en resposta o escrito do comité sobre a auxiliar de turno de noite da UCI que se move a outros servicios.
A empresa fai referencia ao decreto 53.2001 sobre ratios nos hospitais concertados e que Povisa supera o 300% da dotación minima.

CCOO: solicita copia do comunicado da empresa para levalo a asesoria xuridica.

CGT: O que hai que facer é que as Auxiliares cobren máis que os Celadores e así para a empresa xa non lle é rentable sustituir Auxiliares por celadores.

Tratase o tema que non poñan os cuadrantes de todo o persoal nas plantas.
Acordase facer escrito a RRHH como comité e solicitar os planing colectivos dos traballadores.



Ningún comentario:

Publicar un comentario