xoves, 29 de xaneiro de 2015

ERE EXTINTIVO POVISA PARTE SEGUNDA

A segunda parte do ERE extintivo, versión organizativa e modificación sustancial turnos de traballo de Auxiliares e Celadores.
Colectivos afectados dentro do ERE suxeitos a despidos son:
Celadores(12), Arquivo(3), Secretaria Clínica(2) e Recepción(5).
A modificación sustancial das condicións de traballo, (Celadores y Auxiliares) é relativa os turnos.
No caso dos Celadores a empresa di que como non é persoal titulado e que parte das funcións que realizan son competencia das auxiliares de enfermería, estes deixarán de prestar servicio en hospitalización sendo as auxiliares as que asuman o traballo que viñan realizando. No bloque quirúrxico quedaran 4 celadores; tres para quirofano e un para a urpa (ata agora eran 2 mais); turno de tarde quedara 1 celador para a urpa (antes habia 3 mais).
 En base a todo isto a empresa, fai uns turnos onde os celadores de urxencias faran turnos rotatorios de tarde e noite , e o turno de maña será cuberto polo excedente de quirófano.
Turnos auxiliares: A empresa basea o seu troco en que ten moitas solicitudes de reducción de xornada, baseadas sobre a lei de conciliación familiar, onde hai peticións de noites fixas, Os turnos das Medicas pasan a facer turnos rotatorios de maña, tarde e noite ( pero agora fan 42 noites e pasan a facer 39 noites ano).Quirurxicas seguen rotatorios de maña tarde e noite (agora fan 29 noites ano e pasan a facer 39 noites ano). O turno de noites fixas seguen igual cambian a rotación das noites adaptadas as necesidades do servicio. O bloque quirurxico sen cambios.
Por todo o comentado anteriormente a empresa di que sobran 12 celadores.
Arquivo: a empresa di que non existe traballo para manter en plantilla a 3 administrativos do servicio, pois como agora xa non sacan historia clínicas e o numero de historias que teñen que escanear e baixo, que 1 traballador so é suficiente.
Secretaria Clinica: Basa o seu argumento en que os médicos fan os informes , que agora estaban facendo os informes de anatomia patoloxica e que comenzarán os medicos destes servicios a facelos; pecha este servicio. Despedimento de 2 traballadores e recoloca en Recepción a outras duas por ser membros do comité ou delegadas sindicais.
Recepción: 2 despidos son pola recolocación de duas traballadoras de Secretaria clínica e os outros 3 a empresa argumenta que ,como as auxiliares das policlinicas xa citan e que os centros de saude citan tamén a carga de traballo baixou e  sobran tres traballadores.
O anterior é un resume da postura da empresa
Dende CCOO estamos en desacordo cos postulados e argumentos da empresa.
En primeiro lugar o que debe facer a empresa e cumprir a sentenza firme sobre os turnos dos celadores e auxiliares, non é certo que sobren celadores, porque seguirán tendo que subir as plantas; e se non ó tempo.
No caso de arquivo non é verdade que necesiten un so traballador; logo contrataran por acumulación de tarefas. O mesmo ocurre con secretaria clínica, teñen traballo e seguen sendo necesarias.
As colas das persoas en recepción podense ver todolos días na entrada, decir que sobran e de coña.

Ningún comentario:

Publicar un comentario