NOTA
INFORMATIVA DE CCOO
O
pasado xoves as centrais sindicais CIG, CGT, SGPS e UGT reuníronse e
tomaron a decisión de convocar movilizacións en contra das medidas
da empresa, despidos e modificación sustancial das condicións de
traballo do bloque quirúrxico e policlínicas.
CCOO
non foi invitada a
dita reunión, NON É UN PLENO, para que fose pleno tería que haber
12 membros do comité de empresa, cousa que non se deu.
As
folgas convocanse para gañar, e para CCOO
isto
pasa por ter o respaldo de todos/as traballadores/as do Hospital , o
cal consíguese mediante unha votación en urna
, donde todos e todas poidan expresar a sua vontade.
Danos
a impresión de que hai moito “loitador de salón”.
CCOO está
polo mantemento do emprego e xornada completa para todos/as os/as
traballadores de Povisa
CCOO prefire
negociar, a que haxa máis despidos, que xa levamos demasiados, sempre
defendendo o emprego e a xornada completa para os traballadores.
CCOO estava
por negociar o mantemento das 40 horas para o persoal e NON
DESPEDIMENTOS ,
isto non foi posible porque
outros non quixeron negociar.
A
unidade consiguese entre as seccións sindicais e chegando a
consensos, non impondo, e olvidandose desta sección sindical,
minoritaria pero que representa igualmente aos traballadores/as de
Povisa.
CCOO participará
nas mobilizacións que sexan consensuadas con TODAS as seccións
sindicais , e pode mesmo chegar a FOLGA , SEMPRE
E CANDO O DECIDAN TODOS/AS TRABALLADORES DE POVISA EN VOTACIÓN EN
URNA
CCOO estivo
e estará a o lado dos/as traballadores/as nas mobilizacións que
éstos decidan maioritariamente , e recurriremos a o xulgado coma xa
o fixemos con anterioridade
DESPEDIDOS
READMISION
XUNTOS
PODEMOS
Ningún comentario:
Publicar un comentario