xoves, 6 de febreiro de 2014

MODIFICACIÓN SUSTANCIAL DAS CONDICIÓNS DE TRABALLO E DESPIDOS

Dende a sección sindical de CCOO POVISA.  Manifestamos o noso rexeitamento as intencións da empresa POVISA. Consideramos que o que nos presentou esta maña e unha chantaxe intolerable e inaceptable.
Non é de recibo que queira despedir a 13 compañeiros, pondo como mala disculpa o ter que cumplir a sentenza do Tribunal Superior de Galiza, sobre as reduccións de xornada do bloque quirúrxico e policlínicas.
CCOO non vai ha aceptar baixo ningunha circunstancia o despedimento de compañeiros que levan un feixe de anos traballando nesta empresa.
Se a Dirección de POVISA o que está buscando é confrontación vaise topar co rexeitamento desta sección sindical e do resto don comité de Empresa.
Chegou momento de voltar a demostrar a esta empresa, como se fixo este veran pasado, coa ultratividade do convenio, que os traballadores non toleraran amenazas desta Dirección.
Tamén debemos facer que tanto a conselleira de sanidade e presidente da xunta non poidan pasar de puntillas sobre o problema de POVISA, Non olvidemos que hai eleccións europeas en un par de meses, que teñan que sufrir a presión de todos os traballadores e moi importante para todos os compañeiros que agora mesmo teñen o seu posto de traballo entredito nun papel da empresa.
Temos que parar estes despidos e nelo non só nos xogamos o despedimento dos 13 compañeiros nos xogamos o futuro de todos e todas traballadores traballadoras de POVISA.
ENTRE TODOS SI SE PODE.
O Próximo xoves, debemos estar todos en Santiago, manifestandonos diante da sede da Conselleria de Sanidade, non hai disculpas, se alguén pode presionar a esta Dirección e a Conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera, que por certo foi asalariada da Familia Silveira no Hospital Nuestra Señora de la Esperanza en Santiago. Temos que subirlle os cores.

Ningún comentario:

Publicar un comentario