sábado, 22 de decembro de 2012

NOTA DE PRENSA DO 19/12/12

federación de sanidade e sectores sociosanitarios Sindicato Sanidade de CC.OO. de Vigo A TODOS OS MEDIOS DE COMUNICACIÓN Novas do Conflicto de POVISA A Executiva Comarcal de Sanidade das CCOO de Vigo , ante o Conflicto sobre o convenio colectivo de Povisa , reduccións de xornadas e ameazas de despidos , queremos maniestar o seguinte : 1. En primeiro lugar denunciar a actitude de mala fé na negociación do Convenio Colectivo pola banda da Empresa a o estar meses e meses con este tema sin un ápice de acercamento de posturas que impiden o fin do conflicto neste centro , que insistimos en que se ocupa dunha poboación importante do sector público 2. Tamén denunciar a indiferencia e pasividade do SERGAS por non intervir e deixar que esta situación vaia de mal en peor . . . 3. Felicitarnos pola sentenza gañada no xulgado do social recentemente contra POVISA polas quendas unilaterais de traballo impostas que en vez de manter turnos de mañán , tarde e noite , por mor das reduccións de xornadas e salarios de 143 traballadores ( auxiliares de Enfermería e celadores ) que a empresa fixo quendas incluso de dúas horas de 6,00 – 8,00 horas da mañán para celadores e outras quendas parecidas , o cal impedía ter unhas boas presenzas no centro , reiterando pola nosa banda como exemplo que en moitas ocasións somentes quedaban pola noite dous celadores para todo o Hospital incluído urxencias . 4. Pois ben , a Empresa POVISA lexos de ACATAR a sentenza xudicial , volta a plantexar o mesmo para 105 profesionais mais de servicios coma UCI , quirófanos , consultas externas etc .. 5. A nosa actitude sindical de diálogo con respecto desta sentenza xudicial emplazando reiteradamente á POVISA a o seu cumprimento … levounos obrigatoriamente a SOLICITAR a EXECUCIÓN da mesma de xeito inmediato , o que o xulgado FALLA na data recente de que POVISA ten que retroceder a todos estos traballadores a os turnos de mañán /tarde e noite preestablecidos previamente e ainda que a empresa ten tres días para o recurso , este derradeiro fallo TEN QUE EXECUTARSE con independenza de que o xulgado volte a sentenzar da mesma maneira . 6. Deste xeito , por este tema e por todos os xa denunciados , as movilizacións continúan e mañán sobor das 16,00 horas da tarde ( logo do remate dunha asamblea con traballadores ) farase unha Manifestación que se inicia na POVISA , discurrirá por Lopez Mora e Gran Vía 110 ( lugar da nova Policlínica de consultas de Povisa ) e regresará pola gran vía , rua Barcelona e de volta á POVISA Animamos a solidarizarse con estes compañeiros e requerimos a o SERGAS a intervir de xeito inmediato Asdo : Araceli Loureiro Vigo , 19 de decembro 2012

Ningún comentario:

Publicar un comentario