luns, 28 de maio de 2012
anteproxecto convenio
Anteproxecto Convenio Colectivo 2012
Artigo 5.- Vixencia e duración: Vixencia de dous anos, dende o 01 de
xaneiro de 2012 ata o 31 de decembro de 2013.
Artigo 9.- Remuneracións: Incremento salarial do 2% en cada ano de
vixencia con revisión ao ¡PC, no caso que este supere 2%.
Artigo 19.- Xornada de Traballo
• Establécese con carácter xeral e en cómputo anual unha
xornada máxima de mil seiscentas oitenta e oito horas de
traballo ao ano.
• Xornada continuada.-
a) Os traballadores/as sometidos a quenda de maná , tarde
e noite, distribuirán a súa xornada en medias bimensuais de
41 horas de presencia e trinta e oito horas efectivas
semanais. As horas así distribuidas, que excedan das
limitacións legáis, serán compensadas na forma que se viña
facendo e, ademáis, por este concepto, este persoal terá
dereito a dous días de descanso ao ano, que se disfrutarán
preferentemente en período non vacacional.
Na quenda nocturna, o persoal realizará a súa xornada
diaria en días alternos, en horario de 22:00 horas a 08:00
horas.
b) Os traballadores /as sometidos a quenda de maná e/ou
tarde distribuirán a súa xornada en 40 hoas presenciáis e
trinta e sefe horas e media efectivas de traballo semanal
en horario de 08:00 horas a 15:00 horas na quenda de
maná e de 15:00 horas a 22:00 horas na quenda de tarde.
Engadir ao final deste artigo, quendas anuais a 1 de
Xaneiro.
E as modificacións hoarias realizadas ao longo dos anos
2011 e primeiros 5 meses de 2012 superasn xa o 10% de
xornada anual modificable pola empresa, polo que durante a
vixencia do presente convenio a empresa non modificara
mais xornada do presoal.
(Resto do artigo sen modificacións).
Artigo 20.- Licencias e permisos
c) No caso de enfermidade grave, intervención cirúrxica grave,
debidamente acreditada, avaliada polo médico
responsable do paciente, de cónxuxe, compañeiro/a, pais,
fillos/as e irmáns/ás sete días.
Artigo 17.-Sobresoldo festivos e domingos: Por cada festivo traballado,
estatal, autonómico ou local, o traballador/a percibirá un
sobresoldo de festivos e domingos consistente na contía de 21 €
por festivo ou domingo traballado.
O presente sobresoldo aboarase a todos os traballadores/as
que desenvolvan a súa xornada laboral nos citados festivos e
domingos, con independencia das horas traballadas, quedando
excluido exclusivamente o persoal que nestes días perciban a súa
retribución en concepto de garda.
Artigo 23.- Engadir ao final o planing vacional a 1 de Xaneiro e rotacións das
vacacións ( de Xuño a Agosto a Setembro a Xullo a Xuño.
Artigo 33.- Póliza de vida.- Contrátase unha Póliza de Seguro Colectivo
para todo o persoal afectado por este Convenio, por un capital de
seis mil dez euros con doce céntimos, en caso de xubilación,
morte e riscos complementarios especificados na póliza. En caso
de xubilación aboarase 3000 euros.
(Resto do artigo igual).
Artigo 36.- Uniformes e roupas de traballo.- (Engadir ao final): En beneficio
da saúde dos traballadores/as, a empresa facilitará, ben a través
de ingreso en nómina ou con vales-empresa, que o calzado
de traballo sexa adquirido directamente polo persoal, segundo as
características ditadas pola empresa.
Artigo novo 1.- Xornada completas transformadas en tempo parcial.-
Todo o persoal que tivese desempeñado en Povisa o seu traballo
con contrato indefinido a xornada completa ( incluidos os
contratos sergas) e cuxo contrato fora transformado a tempo
parcial, sen que dita redución fora solicitada por motivos persoais,
recuperará en orde de antigüidade a súa xornada completa. Para
poder facer efectiva dita recuperación de xornada, a empresa non
realizará ningunha contratación de persoal novo ata que todo o
persoal que así o desexe non teña recuperada a súa xornada
completa.
Artigo novo 2.- Contratos a tempo parcial: A Dirección deberá xustificar a
súa necesidade ante o comité de empresa. Non poderán ser
superiores ao 85% da xornada normal, nin inferiores ao 15%. Todos os
traballadores/as contratados a tempo parcial terán os mesmos dereitos
que os traballadores/as a xornada completa.
Artigo novo 3.- Reincorporación persoal limpeza.- En canto remate a
vixencia do contrato do servizo da limpeza establecido entre Hospital
Povisa e Limpezas Samyl, este non será renovado. Para dar
cumprimento á limpeza do hospital, a dirección de Povisa contratará
ao persoal de limpeza despedido por causas obxectivas no ano 2011.
Artigo novo 4.- Habitación individual para traballador/a Conxugue ou parella.
GRUPOS PROFESIONAIS
Desarrollarase os grupos profesionais e as áreas
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario