xoves, 8 de marzo de 2012

pleno ordinario do comité de empresa do 08/03/12

PLENO ORDINARIO 08/03/12
Pleno sen orde do dia. Seguimos sen ter presidente nin secretario.
Comeza o pleno.

CCOO pregunta as seccións sindicais si se vai firmar os cursos de formación de este ano,( se nos entregou o dossier fai unhas semanas, quedaramos en que cada sección sindical tomaría unha decisión).
Ningunha sección sindical firma o dossier pois a empresa non consensuou os cursos co comité de empresa.
Se devolve o dossier xunto cun comunicado interior dicindo porque non se firman os cursos, a RRHH.

Como ningunha sección sindical propón nada ao pleno CCOO pregunta ao resto das seccións sindicais , se non se vai repostar as declaracións do Sr Silveira a prensa do dia de onte?

CIG resposta que van dar unha ronda de prensa como sindicato (non coma sección de Povisa) e unha concentración de delegados, no dia de hoxe. Pero se se quere facer unha ronda de prensa coma comité de empresa ou coma seccións sindicais co resto do comité.

CCOO responde que si que cre que deviriamos facer unha ronda de prensa, pois nos parece unha tomadura de pelo as declaracións do Sr Silveira.

CGT pide un receso para tomar unha decisión sobre o tema.

SGPS e UGT non se pronuncian.

Preguntáselles a súa postura ( CIG e CCOO)

UGT di que é o grupo minoritario do comité e que se posicionara despois da SGPS.

SGPS responde que se pronunciara despois da UGT.

Como estas dúas centrais continúan igual facemos o receso para que a CGT se poida reunir e tomar unha decisión.

A volta do receso a CGT di:
Non participa na ronda de prensa porque non existe comité de empresa, pois, non hai nin presidente non secretario e que entón a CGT fará o que crea necesario coma sección sindical de acordo coa sección afiliados e simpatizantes.

Se volve preguntar a SGPS e a UGT.

SGPS se posición despois da UGT

UGT coma é o grupo minoritario posicionarase de ultimo.

Se insiste en que tomen unha postura e que deixen de ser coma nenos pequenos, que digan que si ou que non e xa esta.

UGT di que se a ronda de prensa é coma seccións sindicais si.

CIG e CCOO din que si, coma seccións sindicais.

SGPS di que si participa se é coma comité de empresa.

Se di que como comité de empresa non pode ser, pois hai dúas seccións sindicais que non van estar na ronda de prensa OMEGA que non asiste aos plenos e CGT que xa expresou a súa postura.

SGPS di que somos maioría e que podemos convocar a prensa coma comité de empresa.

Chegase ao acordo de convocar a ronda de prensa como segue:

As centrais sindicais CIG CCOO SGPS e UGT como maioría do comité de empresa convocan aos medios de comunicación.

A ronda de prensa será o Mércores 14 as 12 horas no local do comité de empresa.

CIG propón ao pleno que hai que nomear a un responsable da conta do comité pois jacinto dimitiu desa función.

Ningunha sección sindical quere coller esa responsabilidade, polo que CCOO asume esa responsabilidade que non lle corresponde pola súa representación no comité de empresa.
Xavier (CCOO) e Rafa (CIG) son os responsables da conta do comité.

Remata o Pleno

Ningún comentario:

Publicar un comentario