luns, 5 de marzo de 2012

Pleno extraordinario do 02/03/2012

O Venres pasado tivemos un pleno extraordinario pedido por CCOO.
A orden do dia era:
Pesentacion por parte do comité de empresa dunha demanda de conflicto colectivo (reducións de xornadas)
Solicitar a empresa a constitucion da comision poaritaria.
No primeiro punto, as diferentes seccións sindicais deberían consultar previamente, coas suas asesorias xurídicas.
A CIG di: que a sua asesoria di que non se pode presentar demanda, pois como os traballadores firmaron voluntariamente,non existe esa posibilidade.
A CGT di: que a sua asesoria di que se pode presentar demanda, pero eles como seccion sindical, non a van presentar, pois creen que é millor metelo todo na negociacion do convenio colectivo.
A SGPS e máis UGT din o mesmo que a CIG .
CCOO di: que si se pode presentar dita demanda como conflicto colectivo ,e que ainda que o resto do comité non estea pola labor de facelo, CCOO baraxa a posibilidade de presentalo como sección sindical.
No segundo punto hai acordo e faise un comunicado a direccion solicitando dita comision.
Por parte da empresa pide que esa solicitude sea firmada por todos os membros do comité.
A este pleno non asistiu ningun representante de OMEGA.

Ningún comentario:

Publicar un comentario