venres, 16 de setembro de 2011

Asamblea de traballadores do 15/09

O Presidente do comité conta todo o que pasou durante a maña, e a continuación as centrais sindicais expuxerón as suas opinións.
A CIG di que como a dirección non quere negociar, pidelle aos traballadores que se movilice, e di que eles quedadn pechados no salon de actos ata o luns e meña venres faran unha ronda de prensa.
Tamen comentan que intentaran falar co Alcalde de Vigo e os partidos politicos.
A CGT di que quere esperar a que a empresa presente o ERE e estudiar a documentación, e que esperan poder paralo haí. Non movilizarse antes de ter nada.
CCOO di Intentar negociar sen renunciar a nada. Non estamos dispostos a modificar ningun punto do convenio, menos antes de conseguir siquera un acordo de minimos.
Estamos dispostos a negociar os atrasos sin renunciar a eles. Faremos o que decida a asamblea.
SGPS di o mesmo que CCOO e non as movilizaciòns.
UGT di o mesmo que CCOOO e non movilizarse.
Unha parte da asamblea pide que se forcen reunións coa dirección e presionar ao sergas.
Outra parte da asamblea non queren que se vote e n furna e queren movilizarse, non renunciar aos atrasos.
A asamblea alargase nestas discusións e os traballadores van marchando, ao final quedan unhas 70 persoas e non se chega a ningun acordo. ( as limpadoras xa abandonaran o salon de actos).
A CIG queda pechada no salon de actos o resto do comite de empresa vaixa ao local para valorar o desmarque da CIG do comite.
Chegamos ao acordo de solicitar unha reunion coa direccion o resto do comite.

Ningún comentario:

Publicar un comentario