luns, 13 de xullo de 2015

PLENO ORDINARIO DO COMITÉ DO DÍA 09/7/15

1º CREACCIÓN DUNHA PAXINA "WEB" DO COMITÉ DE EMPRESA

CIG: Non teñen claro que se publiquen na WEB as actas, porque poden ter acceso a elas a Dirección. Tampouco estan dacordo co voto telemático. Están pendentes dun informe da asesoría xuridica.

CCOO: Está a favor, respetando a lei de protección de datos. Tamen está dacordo co voto telematico.

UNENF: Está a favor de facilitar unha única via de información aos traballadores, dado que agora mesmo esta información chega de forma sesgada a través dos distintos blogs das seccións sindicais. Están abertos a un consenso. Creariase unha Comisión con representación de todalas Seccións sindicais e filtrariase a información que se publica. O voto telematico seria consultivo a modo de enquisa. O acceso sería a través dun usuario e contraseña.

CGTSGPS: Non está deacordo coa paxina WEB. Non recollería as distintas sensibilidades que hai no seno do Comité. Tamen facilitaria información a empresa. A información poderia ser vista por persoas externas ao Hospital.

USO: Ten que consultar na sua asesoria.

UNENF: Dado que hai seccións pendentes de asesoria propón pospor a votación.

ACORDO: Pospor a votación.

2º VOTACIÓN DAS PROPOSTAS DE MODIFICACIÓN DO REGULAMENTO INTERNO.

CCOO: Fai lectura dos artigos que quere modificar, que son o 4 e 8, ( un pleno ao mes, e voto en furna)

CIG: Non vai a entrar a tratar o tema, está encontra do cambio do regulamento interno, parecelle antidemocratico que se modifique, se a maioria quere cambiar o regulamento interno, que se derogue o actual e se faga un novo.

OMEGA: Espera a oir a proposta de UNENF, pero o regulamento podese cambiar e é democratico.

UNENF: Pon obxeccións a quen convoca os plenos extraordinarios e da comisión permanente.

CGTSGPS: Dacordo coa CIG. Espera a escoitar a proposta de UNENF

USO: Dacordo con OMEGA. O novo Comité está no seu dereito de cambiar o reglamento interno. Espera a escoitar a UNENF.

CCOO: Recorda que non asignou o actual reglamento interno. O reglamento podese cambiar democraticamente as veces que sexa necesario.

UNENF: Lee a sua proposta. As Asambleas consultivas serian 4, ( 8, 14,15,15 e 21 horas) e folgas e convenios votación en furna.

CIG: En desacordo en limitar os plenos ordinarios a un ao mes e os extraordinarios a dous. Non está dacordo co número de asambleas. Tampouco está dacordo cos poderes da Presidenta do Comité.

OMEGA: Dacordo en parte coas modificacións, ve insuficiente o número de plenos e excesivo as asambleas, en contra do voto a man alzada. A favor do voto en furna.

CCOO: Dacordo coa proposta de UNENF, salvo en que a Presidenta levante os plenos se hai faltas de respeto, tera que abandonar o pleno o que falte ao respeto, e os plenos extraordinarios os convocaria a comisión permanente.

CGTSGPS: Ven insuficiente o número de plenos ordinarios e extraordinarios. O número de asambleas parecelles excesivo e non ven claro o sistema de votación. Excesivo o poder da Presidencia.

USO: Dacordo coa salvedade do número de plenos ordinarios e extraordinarios.

UNENF: É unha proposta que se pode consensuar entre todos.

CIG: Se se quere negociar, deroguemos este e fagamos un novo.

CGTSGPS: En contra da modificación. Con estas modificacións está sección sindical non poderia solicitar plenos extraordinarios.

UNENF: Non se está falando dun novo regulamento senon que de unha modificación.

CIG: Non está dacordo coas modificacións e di que" tedes  a maioria, votar e cambiar o regulamento".

CCOO: O loxico e chegar a un consenso sobre a modificación porque o 80% xa está consensuado.

OMEGA: O razonable é, que despois de duas horas, seria convocar un novo pleno, e traer xa consensuado o regulamento.

Acordase pospor a votación para traer unha proposta consensuada.

3º CHARLAS VECIÑAIS E ROLDA DE PRENSA. PRESENTACIÓN DE PROPOSTAS

UNENF: Está dacordo coas charlas veciñais, sempre que o que se diga non sexa sobre Povisa en particular, senon que, se fale en xeral de que os recortes en sanidade afecta a calidade asistencial.

CIG: Non traen proposta algunha. Van a ir na liña e forma ao que propoña CGTSGPS.
propon facer denuncia ante Inspección de Traballo , por falta de información ao Comité de Empresa sobre os custes das obras.
Ronda de prensa, hai que falar da calidade asistencial.
Charlas veciñais, implicar aos usuarios na problematica. Eles deberian denunciar e movilizarse, como a marea branca de Madrid.

OMEGA: En contra da ronda de prensa e das charlas veciñais.

CCOO: Non ten nada encontra da ronda de prensa, pero está en contra de falar da calidade asistencial e sobre as charlas, está encontra, como manifestou xa no Comité anterior.

CGTSGPS: Charlas veciñais, falar da calidade asistencial, falta de persoal a determinadas horas, invitar aos usuarios que fagan queixas no rexistro do Sergas, incumplimento do concerto por parte de Povisa, A maioria da plantilla está a xornada reducida. E decir que non se vaian de Povisa senon que, axuden a cambiar o Hospital.
A ronda de prensa versaria sobre o mesmo.
Se non se fai como comité faranse como seccións sindicais.

USO: Non está dacordo coas charlas nin coa ronda de prensa. Os problemas se teñen que arranxar
dentro non fora.

OMEGA: As miserias non se deben sacar a rua. A población pode ser susceptible ao mensaxe negativo da falta de calidade asistencial. Os problemas debense resolver dentro.

CIG: Povisa está dentro da rede sanitaria de asistencia publica, polo tanto debe rexirse polos mesmos criterios de calidade.

UNENF: Participara na ronda de prensa e charlas. Pero o discurso non pode ser negativo.

Votase se a ronda de prensa e charlas veciñais se faran ou non como Comité de Empresa.

VOTOS A FAVOR DE FACELA COMO COMITÉ DE EMPRESA
7 A FAVOR ( CIG E CGTSGPS)
7 ENCONTRA (OMEGA, CCOO)
ABSTENCIÓNS 4 (UNENF)

Se fara como seccións sindicais.

5ºCONVOCATORIA DE ASAMBLEA URXENTE SOLICITADA POLA CIG.

A asamblea era para informar aos traballadores/as da modificación do regulamento interno.

CIG: Solicitou o salón de actos como sección sindical e a empresa denegoullo. está pendente de reunirse co Xefe de persoal para pedir explicacións.

CCOO: Non hai nada acordado non ten sentido facer unha asamblea.

UNENF: Non hai nada, non procede unha asamblea.

USO: Non hai nada que decir aos traballadores.

CGTSGPS: Está deacordo coa asamblea.


Ningún comentario:

Publicar un comentario