PLENO
ORDINARIO DO 14 XANEIRO 2016
1º Resposta do Sergas ó escrito enviado polas funcións de
auxiliares e celadores.
A Presidenta do Comité falou onte co Secretario da responsable da
Inspección do Sergas, este quedou en informarse e chamará a
Presidenta. Temos coñecemento que o Sergas abriu unha investigación.
2º Resposta do Colexo de Enfermería ó escrito enviado pola
coordinadora de Policlínicas.
O colexo de Enfermería contestou ao escrito do Comité de Empresa
o día 12/1/16, e foi entregado pola empresa ao día seguinte, o
sobre estaba aberto, ainda que esta viña dirixido para o Comité.
O Colexo solicita máis información.
3º Presentación e aprobación se procede, do escrito para RRHH pola
presión ás auxiliares.
A Presidenta do Comité de Empresa, lee o escrito.
Todas as seccións sindicais dacordo coa redacción do escrito.
4ºProtocolo de cambios de turno.
CGTSGPS: Dado que fai tempo, que non se reune a comisión creada
para negociar o protocolo de cambios de turno. Que vai facer o Comité
de Empresa?
Acordase por todas as seccións sindicais, facer escrito a RRHH, para
continuar coas negociacións.
5º Nova rotación de persoal auxiliar de enfermería.
CGTSGPS: Comenta que a empresa pasoulle unha proposta as auxiliares
de cirúrxicas de novos turnos.
CIG: Aclara que non é unha proposta de turnos, se non que a Empresa
entregou unha proposta de presencias, para que as traballadoras fagan
os turnos. Que esa proposta de presencia e inviable porque non hai
maneira de facelos e cumplir o Convenio.
Acordase que na próxima reunión coa Inspectora de Traballo, se
falara deste tema. Reunión o día 20 de xaneiro.
6º Medicina do Traballo e solicitude de reunión por dito tema, se
procede.
CGTSGPS: desde fai dous meses estamos sen Medico de Traballo e isto
esta causando problemas aos traballadores/as, por estar pendentes dos
resultados de probas, ect. Recorda que as empresas con máis de 1000
traballadores esta obrigada a ter servicio medico propio.
Non é loxico que sexan os administrativos de RRHH os que digan os
permisos que corresponden aos traballadores.
CCOO e UNENF: A empresa comunicoulle que xa hai un medico contratado,
que se incorporara dentro de un mes.
Acordase presentar denuncia ante RRHH e Inspección de Traballo.
7º Data de nova reunión co persoal de contratos fin de semana.
A presidenta expón que se solicitou listado novo de contratados de
fin de semana, pois o anterior non estaban todos/as, e dado que se
quedou cos traballadores de voltar a reunirse con eles despois das
festas do Nadal:
Acordase solicitar novo listado de traballadores, comprobar os seus
contratos e convocalos a unha
reunión o máis breve posible. Revisaranse os contratos a próxima
semana.
Ningún comentario:
Publicar un comentario