venres, 20 de febreiro de 2015

DERRADEIRA REUNIÓN DO ERE

A empresa comunicou na última reunión do ERE que retiraba este por non poder presentar as contas auditadas do ano 2014.
A reunión foi moi curta, a empresa chegou e dixo que retiraba o ERE polo exposto anteriormente. Practicamente non aceptou preguntas. Dixo que a empresa continuaria tomando medidas para intentar mitigar o impacto económico; e tamen que a modificación dos turnos de Celadores e Auxiliares se iba levar adiante, xa que como non chega a 30 o numero de traballadores afectados, non é conflicto colectivo.
CCOO: preguntou, que na modificación que está na memoria do ERE, quedan 12 Celadores fora desa modificación, ¿qué vai pasar con eles?
A resposta da empresa foi:
A modificación dos turnos non ten porque ser igual a que aparece na memoria ,ou si.
Non houbo maneira de sacar máis información nin un compromiso de que non habrá despidos.

Hai unha sección sindical "CGT" que ten pouca memoria historica. Agora é un defensor a ultranza do noso convenio e é partidario de non negociar nada. Pero fai 4 anos foi o promotor de negociar coa empresa un convenio diferente para os traballadores novos ,a cambio de que a empresa retirara o ERE de Limpeza e Arquivo. Foi tamen o promotor do REFERENDUM que logo os traballadores en votación en furna non aceptaron.
Desde logo pouca memoria si que teñen cando eles tiñan a Presidencia e Secretaria do Comité si negociaban coa empresa.
Onte un membro da CGT dixo, que iba propor na reunión de hoxe a proposta dun traballador de Rehabilitación, que o expuxo na asamblea, ese membro da CGT hoxe non apareceu na reunión, como ten pouca memoria igual se esqueceu da proposta ou da reunión.
Quero recordarlles a CGT que mentres no veran do 2013 estaban discutindo se eran Galgos ou Podencos, foi CCOO quen presentou demanda contra a empresa por impor o Convenio Provincial, e que foi CCOO quen gañou esa demanda, e grazas a CCOO hoxe todos e todas traballadores de Povisa seguen tendo o seu Convenio, outros igual seguen discutindo como presentar a denuncia.
O dito pouca memoria e moita palabreria.

Ningún comentario:

Publicar un comentario