ORDEN DO DÍA:
1º CONTA DO COMITÉ
2º REUNIÓN CO DIRECTOR XERAL DO SERGAS
3ºPRESENTACIÓN DO ANTEPROXECTO DO CONVENIO COLECTIVO
4ºREGULAMENTO INTERNO
5º VARIOS
1º CONTA DO COMITÉ
CIG: Expón que non está de acordo con que se publique información sobre a conta do Comité de Empresa, nos blogs que teñen as seccións sindicais. Di que a información da conta so compete ao persoal que paga a cuota do Comité.
CGT: Está dacordo coa CIG e di: que non debe saber todo o mundo os cartos que hai na conta.
SGPS: Dacordo coa CIG
UGT: Dacordo coa CIG e non quere que se publique nada da conta no blog
CCOO: Di que seguirá informando a través das redes sociais, e recorda que fai algún tempo se expuña no tablon de anuncios, as contas do comité, e que nas asambleas se fala da conta, e non todo o persoal que esta nesta paga a cuota.
2º REUNIÓN CO DIRECTOR XERAL DO SERGAS
Explicase aos membros do Comité como transcurriu a reunión do día de onte en Santiago, nesta reunión estiveron presentes 3 representantes da CIG, 1 CGT, 1 SGPS, 2CCOO e 1 UGT.
Falouse co Director Xeral de Sanidade sobre as reduccións de xornadas, quendas, concerto, etc.
Sobre os problemas laborais agradeceu a información, e iba preguntar ó persoal que controla o concerto no EOXI Vigo sobre ese tema, ainda que non se meten en temas internos da empresa.
Sobre o concerto informou sobre Lista de espera, sistema de facturación ,e dixo que no mes de Decembro faríase publico todo o concerto.
Boas palabras e poucas solucións ou ningunha sobre o problema dos traballadores de POVISA.
Preben que sobre 3000 persoas cambien de Hospital, quedarian en Povisa o redor de 136000 doentes.
Di que están controlando que o número de traballadores sexa como mínimo os que había no 2006, que foi o ano en que se firmou o acordo básico.
3º PRESENTACIÓN ANTEPROXECTO DO CONVENIO
A Presidenta expón que habría que facer unha asamblea para presentar os traballadores o anteproxecto.
CCOO: Propón que a asamblea sexa o próximo Xoves.
SGPS: Propón facer duas asambleas unha informativa e outra para votar o anteproxecto do convenio.
CIG: Propón duas asambleas unha as 14 horas para o persoal que traballa de tarde e outra as 15 horas para os que saen do turno de maña. As duas informativas, porque entende que como o anteproxecto e consensuado entre todo o Comité, non hai que votalo, como moito atender as suxerencias dos traballadores.
A asamblea sera o Xoves día 4 de Decembro unha as 14 horas e a outra as 15 horas co seguinte orde do día:
Información resunión na Inspección de Traballo
Información co Sergas
Anteproxecto do Convenio colectivo
Rogos e preguntas
4º REGULAMENTO INTERNO
Rematase o regulamento interno. Comisións de traballo.
Salud Laboral, rexirase por representación no Comité de Empresa como marca a Lei.
Becas e prestamos serán 3 representantes do Comité de Empresa coma ata agora.
O resto das comisións sera un representante de cada sección sindical.
VARIOS
Fálase das denuncias presentadas ante Inspección de traballo.
REMATA O PLENO
No ultimo resume que fixo esta sección sindical do pleno do día 13/11/14. Por erro de transcripción púxose que se trasferiu a empresa a cantidade de 112089,75 euros cando o real é de 12089,75 euros.
quedando na conta a cantidade de 15300 euros.
Está sección sindical quere aclarar que seguirá informando a través das redes sociais e deste BLOG todo o que considere oportuno, pois existe a liberdade de expresión e de información.
Non podemos entender porque a certas seccións sindicais lles molesta que se informe os traballadores, e menos entendemos que se nos critique que o fagamos e algúns deles informen e opinen tamen a traves das redes sociais o mesmo día que se critica a esta sección. So hai que entrar na paxina do Facebook de " Enfermeria de Galicia" e comprobar como si se informa e se opina.
Sobre o plus de enfermeria que presentou a SGPS e non foi aprobado, imos dar o resultado das votacións:
VOTOS EN CONTRA: 10 (CIG, 1 tec raios, 1 enfermeira/o, 1 Celador/a 1 Aux enfermeria, 1 almacén) (CGT 1 celador/a)( UGT 1 tec raios, 1 aux enfermeria) ( 2 Independientes 1 administrativo/a 1 aux enfermeria)
VOTOS A FAVOR 2 (SGPS 1enfermero/a) (CGT 1 enfermeiro/a)
ABSTENCIÓNS 2 ( CCOO, 1 aux enfermeria e 1 enfermeiro/a)
Ningún comentario:
Publicar un comentario