sábado, 3 de decembro de 2011

Resolución do ERE.

Transcribo a resolución do ERE para que sepamos exactamente o que pon:
Regulacion de Emprego
Expe:513/2011
Vista a solicitude de regulación de emprego, promovida por D. Jose Bernardo Silveira Martin en calidade de Conselleiro Delegado da empresa HOSPITAL POVISA, S.A. apreciáronse os seguintes:
FEITOS
PRIMEIRO:A devandita empresa formula unha solicitude, que tivo entrada nesta xefatura territorial con data 27 de setembro de 2011, para que se lle autorice a extinción dos contratos de traballo de 57 produtores, por causas económicas e organizativas.
Segundo: En data 18 de novembro de 2011, achégase a esta oficina pública escrito de desistimento do Expediente de Regulación de Emprego solicitado. Asinado por D. José Bernardo Silveira Martín.
Cuarto:Na tramitación deste expediente obseváronse tódolos requisitos legais.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro:A competencia desta Xefatura Territorial para coñecer e resolver o expediente vén atribuída polas seguintes normas:
a) Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 marzo, polo que se aproba o texto refundido a Lei do Estatuto dos Traballadores.
b) Real decreto 1999/1984, do 12 de setembro, sobre o traspaso de funcións e servicios do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, no tocante a expedientes de regulación de emprego.
c) Decreto 536/2005, do 6 de outubro, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Traballo.
d) Real decreto 801/2011, do 10 de xuño, polo que se aproba o Regulamento dos procedementos de regulación de emprego e de actuación administrativa en materia de traslados colectivos.
Segundo:O artigo 42 da Lei 30/1992 de 26 de decembro de Réxime Xurídico das administracións públicas e do Procedemento Administrativo Común, establece a obriga da administración de dictar resolución expresa en todos os procedementos e nos casos de desistimiento da solicitude, a resolución consistirá na declaración de dita circunstancia.
Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e pertinente aplicación, esta xefatura territorial, no uso das súas facultades,
ACORDA:Ter por desistida da súa solicitude de regulación de emprego de data 27 de setembro de 2011 á empresa HOSPITAL POVISA, S.A. para todos os efectos legais que procedan e, declarar concluso, en consecuencia, a devandita solicitude, co qrquivo das actuacións.
Notifíqueselle a presente resolución ás partes interesadas e fágaselles saber do seu dereito a interpoñer contra ela recurso de alzada ante o Sr Director xeral de Relacións Laborais, por escrito en triplicado e por conducto desta xefatura territorial, no prazo dun mes, que se contará a partir do día seguinte ó da súa notificación legal.

Vigo 21 de novbembro de 2011

A xefa territorial

Carmen Bianchi Valcarce

Ningún comentario:

Publicar un comentario