sábado, 8 de outubro de 2011

2ª Reunión do ERE 07/10

O venres dia 7 fomos convocados a segunda reunión do ERE.
Por parte da empresa os mesmos da primeira reunión. (Rodriguez Susavila e avogado).
Polos sindicatos os representantes que lle corresponden a cada seccion màis asesores externos que levamos todas as seccións menos unha que non levou a ninguen externo.
No caso de CCOO levou ao Avogado do sindicato.
A empresa non aportou a documentación requerida polo comité de empresa. Dixeron que traerian esa documentaciòn na próxima xuntanza." a ver se é verdade".
Por parte do comité fixeronse preguntas sobre as contas, pois con outra interpretación as perdas non serian tales.
A empresa respondeu pouco.
A empresa di que non nos quedemos co ERE de limpeza e arquivo, pois preven
perdas tamen este ano e presentaran outro ERE en canto poidan legalmente. Intentaran que so se queden como empregados de povisa , medicos, enfermeiras e ax de clinica.
E rematou a reunión así.
Teremos outra reunión a próxima semana.

Ningún comentario:

Publicar un comentario