xoves, 14 de xaneiro de 2016

PLENO DO COMITÉ DE EMPRESA DO DÍA 14 XANEIRO DO 2016

PLENO ORDINARIO DO 14 XANEIRO 2016
1º Resposta do Sergas ó escrito enviado polas funcións de auxiliares e celadores.
A Presidenta do Comité falou onte co Secretario da responsable da Inspección do Sergas, este quedou en informarse e chamará a Presidenta. Temos coñecemento que o Sergas abriu unha investigación.

2º Resposta do Colexo de Enfermería ó escrito enviado pola coordinadora de Policlínicas.
O colexo de Enfermería contestou ao escrito do Comité de Empresa o día 12/1/16, e foi entregado pola empresa ao día seguinte, o sobre estaba aberto, ainda que esta viña dirixido para o Comité.
O Colexo solicita máis información.

3º Presentación e aprobación se procede, do escrito para RRHH pola presión ás auxiliares.
A Presidenta do Comité de Empresa, lee o escrito.
Todas as seccións sindicais dacordo coa redacción do escrito.

4ºProtocolo de cambios de turno.
CGTSGPS: Dado que fai tempo, que non se reune a comisión creada para negociar o protocolo de cambios de turno. Que vai facer o Comité de Empresa?
Acordase por todas as seccións sindicais, facer escrito a RRHH, para continuar coas negociacións.

5º Nova rotación de persoal auxiliar de enfermería.

CGTSGPS: Comenta que a empresa pasoulle unha proposta as auxiliares de cirúrxicas de novos turnos.

CIG: Aclara que non é unha proposta de turnos, se non que a Empresa entregou unha proposta de presencias, para que as traballadoras fagan os turnos. Que esa proposta de presencia e inviable porque non hai maneira de facelos e cumplir o Convenio.

Acordase que na próxima reunión coa Inspectora de Traballo, se falara deste tema. Reunión o día 20 de xaneiro.

6º Medicina do Traballo e solicitude de reunión por dito tema, se procede.

CGTSGPS: desde fai dous meses estamos sen Medico de Traballo e isto esta causando problemas aos traballadores/as, por estar pendentes dos resultados de probas, ect. Recorda que as empresas con máis de 1000 traballadores  esta obrigada a ter servicio medico propio. Non é loxico que sexan os administrativos de RRHH os que digan os permisos que corresponden aos traballadores.

CCOO e UNENF: A empresa comunicoulle que xa hai un medico contratado, que se incorporara dentro de un mes.

Acordase presentar denuncia ante RRHH e Inspección de Traballo.

7º Data de nova reunión co persoal de contratos fin de semana.

A presidenta expón que se solicitou listado novo de contratados de fin de semana, pois o anterior non estaban todos/as, e dado que se quedou cos traballadores de voltar a reunirse con eles despois das festas do Nadal:


 Acordase solicitar novo listado de traballadores, comprobar os seus contratos e convocalos a unha
reunión o máis breve posible. Revisaranse os contratos a próxima semana.

Ningún comentario:

Publicar un comentario