luns, 9 de novembro de 2015

PROTOCOLO DE CAMBIOS DE TURNO

O pasado mércores día 4 de Novembro unha representación do Comité de Empresa ( un membro de cada sección sindical) mantivo unha reunión coa Dirección de Empresa, para facer un protocolo de cambios de turno entre traballadores a instancia da Inspección de Traballo.
Nesta reunión, faluse de con quien podo cambiar, cando e responsabilidade. Tamén como facer cambios de días entre traballadores.
Se se pode cambiar o turno con un compañeiro que ese día traballe máis ou menos horas que o solicitante. Con canto tempo de antelación hai que solicitar o cambio.
Para CCOO, os cambios entre os traballadores de hospitalización deben poder facerse sen separar medicas de quirurxicas, e o persoal de servicios especiales, UCI, Quirofano, ect. Poderan cambiar tamén cós referentes e non só cós do seu servicio. Tamén que os cambios entre compañeiros non debe ser problemas que o día do cambio os traballadores implicados teñan xornada diferente.
48 horas máximo para solicitar o cambio.
Cando un traballador lle faga un día a un compañeiro non teña que ter data de devolución do día.
O próximo xoves día 19 de Novembro teremos outra reunión coa Dirección para seguir tratando esté tema, e facer un protocolo donde quede normalizado os cambios de turno entre traballadores.


Ningún comentario:

Publicar un comentario