xoves, 21 de maio de 2015

Programa CCOO Povisa

CCOO está pola negociación e o diálogo de un novo convenio que garanta os postos de traballo; onde se respeten as condicións económicas e sociais dos traballadores/as.

¡¡MANTER OS POSTOS DE TRABALLO É O NOSO PRIMEIRO OBXECTIVO!!

Avogar polo diálogo non significa abandonar a presión sindical e a xudialización de conflictos cando sexa necesario, e cando a empresa non cumpra coa lei. Así o fixo CCOO conquerindo manter o Convenio Colectivo.

CCOO, quere que o persoal que está neste momento con xornada reducida volte a xornada completa.

Igualmente queremos que ó persoal de fins de semana se lle amplie a xornada completa.

CCOO, nunca asinará nada que non sexa refrendado  pola maioria dos/as traballadores.

CCOO respeta todalas opinións e accións dos outros sindicatos, non tendo que estar sempre de acordo con elas.

O respecto e a cooperación son pilares fundamentais do compañerismo, por ende avogamos polo diálogo entre todas as seccións sindicais.

CCOO, sempre intentou e intentará que “ ningún traballador vai a rúa”.

E o fará pondo en marcha tódolos mecanismos necesarios, dende a negociación e o diálogo, ata outras medidas de presión  no caso de ser necesario.

CCOO conseguiu o mantemento da vixencia do convenio, cumprindo co compromiso da anterior lexislatura.

CCOO estivo e estará presente no hospital tanto de forma presencial como telemática, intentando dar solucións as demandas dos traballadores/as.

Estase abrindo un tempo novo, para os compañeiros/as de Povisa e para a sociedade en xeral, por iso CCOO ve necesario apostar polo cambio e a renovación.

VOTA CCOO

Ningún comentario:

Publicar un comentario