xoves, 5 de marzo de 2015

NOTA INFORMATIVA DE CCOO AOS TRABALLADORES DE POVISA









A dirección de POVISA, está impondo unha política de despidos e de recortes continuados. Cada vez temos menos traballadores e seguimos co convenio conxelado..

CCOO, que denunciou o intento de deixarnos sen convenio e outros recortes: xornada laboral, cambio de quendas etc; considera imprescindible a negociación dun NOVO CONVENIO, que garantizando o salario e tódolos demais dereitos, tamén garantice PAZ SOCIAL. Non pode seguir a sangría de despidos, que hoxe afecta a determinado persoal, pero mañán podemos ser calquera de nos os afectados.

Queremos paz social efectiva e duradeira, e por iso propoñemos UNHA NEGOCIACIÓN que CONSOLIDE O CONQUISTADO NOS CONVENIOS COLECTIVOS, a READMISIÓN DE TÓDOLOS DESPEDIDOS.

Non pode ser que o Comité siga enrocado nun NON A TODO, porque tal postura favorece os plans da empresa de reducir costes co sacrificio dos traballadores.


NON MAIS DESPIDOS



Ningún comentario:

Publicar un comentario