martes, 10 de marzo de 2015

NOTA DE PRENSA CCOO POVISA



Dende Sección Sindical de CCOO POVISA ante as afirmacións de varias centrais sindicais de que CCOO non apoia a folga de fame dun traballador e de tres membros do comité de empresa, queremos manifestar o seguinte:

1º) A decisión de convocar folga de fame e Rolda de prensa non se acordou no Comité de Empresa, polo que CCOO non puido manifestar a súa posición. Evidentemente CCOO SI RESPECTA e APOIA a decisión tomada individualmente por estes compañeiros.

2º) CCOO está a prol da unidade de TODOS, traballadores e sindicatos. A unidade dende o respecto á democracia, pero nunca dende a imposición. CCOO rexeita a toma de decisión dende o ninguneo a algunhas centrais sindicais e á maioría dos traballadores. Non imos calar ante as contínuas exclusións de CCOO na toma de decisións.

3º) CCOO defende os postos de traballo e un convenio colectivo que respecte o salario, o emprego e os dereitos dos traballadores de POVISA. 


 4º) CCOO defendeu, incluso nos tribunais a validez do convenio colectivo que a dirección de Povisa quiso anular, do mesmo xeito que recurrimos outro tipo de recortes.

Ningún comentario:

Publicar un comentario