mércores, 18 de marzo de 2015

MANIFESTACIÓN DO PASADO DÍA 13

O pasado día 12, enviámosvos un correo electrónico informando de que CCOO non iamos participar na  manifestación que tivo lugar día 13 de marzo ​ en defensa do mantenemento do emprego en POVISA.


Esta decisión adóptase en base aos seguintes acontecementos:

  • día 27 de febreiro, Povisa da a coñecer o despedimento de 13 traballadores/as : 10 celadores e 3 arquiveiros.

  • Trátase dunha decisión da Empresa, que non é nova,  encamiñada a reducir custos  a costa do persoal e seguir estreitando o cerco cara a un novo convenio <<provincial>>, logo da sentenza gañada por CCOO.

  • Tras esta noticia, reunímonos os/as membros/as do comité e decidiuse convocar unha manifestación en apoio aos despedidos para o día 13 de marzo,  e folga de fame en apoio aos despedidos para a semana seguinte.

  • A sorpresa chega cando vemos que nos carteis para publicitar a folga  non aparece o logo de CCOO.

  • Fálase  cos responsables, que din que se vai subsanar, pero nesa mesma noite "empapelan" o  hospital Xeral  co cartel como estaba, é dicir,  sen as nosas siglas.

  • A principios da semana pasada, a Presidenta (CIG), a secretaria   (SGPS)  e unha membra da CIG, puxéronse en folga de fame, sen respectar o acordado na xuntanza.

  • Atopámonos cunha parte do Comité de Empresa con posturas e actitudes ríxidas, que non dan respostas á problemática actual, que non se moven un ápice nas súas posición e que ademais tratan de arrinconar a CCOO, que reclamamos unha saída negociada para dar fin a esta situación continua de morte laboral e a admisión dos despedidos/as, dos que tres son afiliados/as a CCOO.

  • Estamos ás portas dunha nova convocatoria electoral en Povisa e isto nótase. Para algúns/unhas é máis importante a imaxe de cerrazón que os/as caracteriza que a necesidade que impera neste momento, o que é dar solución aos traballadores/as.


  • Isto, xunto  coa situación que estamos vivido dende hai tempo no interno do Comité en POVISA, é un esperpento que non ten visos de mudar.


Non somos os  "palmeiros" de ninguén. Temos a obriga, a potestade  e o respaldo dos traballadores/as  de POVISA, que decidiron co seu voto nas eleccións sindicais, que foramos parte activa nas decisión que afectan ao colectivo.

Somos un Sindicato de clase no que a mobilización e a negociación é a nosa ferramenta cotiá  na loita en defensa dos dereitos dos traballadores/as, nomeadamente dos postos de traballo.

Un Sindicato que negocia e non mobiliza é un Sindicato débil e un Sindicato que mobiliza e non negocia é un Sindicato inútil.




Xurxo Cabral Lemos
Secretario Sección Sindical de CCOO en POVISA

Ningún comentario:

Publicar un comentario