venres, 23 de xaneiro de 2015

ERE EXTINTIVO EN POVISA

O pasado xoves a empresa presentounos a documentación na que se basa para facer un ERE en Povisa.
NESTA PUBLICACIÓN IMOS FALAR DO ERE ECONOMICO. PUBLICARASE OUTRA NOTICIA SOBRE ERE ORGANIZATIVO
O relato da empresa :  neste ano ten unha previsión de perdas, e polo tanto vai facer un ERE para reducir gastos. Os servicios que vai a externalizar son: telefonistas (5), información(5) e limpeza (14), estes servicios desaparecen e fará o seu traballo unha subcontrata. Fisioterapeutas(10) externaliza unha parte do servicio.
As razóns económicas son, sempre según a empresa, pola previsión de perdas neste ano 2015 .
Nos catro trimestres do 2014, a facturación foi inferior a dos trimestres do 2013.
Aplicando a reforma laboral a empresa presenta esté ERE BASEANDOSE EN RAZONS ECONÓMICAS.
O aforro que a empresa dí que vai facer e de 370.131 euros.
Por servicios é:
Limpeza costa 392.965 e a subcontrata costa 270.757 o aforro é 122.757 anuais.
Telefonistas costa 176.490 e o coste da subcontrata é de 119.472 euros ,e dicir , o aforro é de 57.018 euros anuais
Control de visitas o coste é de 176.528 euros o da subcontrata é 152.750 euros, o aforro é de 23.778  euros anuais.
Fisioterapeutas o coste incluido todo o servicio ( médicos, fisioterapeutas, logopedas, terapeutas ocupacionais auxiliares de clínica) 757.175 euros a oferta da subcontrata (para cubrir 10 fisios) é de 324.048 euros, o coste total entre fisios que seguirian en Povisa e subcontrata seria de 584.084 o aforro de 167.127 euros.
O aforro total de despedir a 34 traballadores é de 370.131 euros. 
Con estas cifras queda demostrado que o ERE non é a solución o problema económico que dí a empresa, 370.131 euros non é nada.
Que pretende a Dirección de POVISA con este ERE?, arranxar as contas non. Existen outros procedementos no estatuto dos traballadores millores para a empresa.
Dende CCOO dicimos esté ERE é unha chantaxe da empresa.
Se realmente Povisa ten un problema grave económico que se sente a negociar co comité de empresa e o trate sen amenazas e busquemos solucións a viavilidade da empresa, pero sen despidos.
CCOO vai loitar con todas as suas forzas para que ninguen se vaia a rúa.
Seguiremos informando. O seguinte será o ERE por motivos organizativos.
NON MAIS DESPIDOS. SI SE PODE.

Ningún comentario:

Publicar un comentario