luns, 19 de xaneiro de 2015

ASAMBLEA DE TRABALLADORES DO 19/01/15

Hoxe houbo unha asamblea de traballadores, para falar sobre a modificación sustancial, dos Celadores e auxiliares (turnos) e do ERE Extintivo en Povisa.
Comentouse aos asistentes que este Xoves as 13 horas temos reunión coa Dirección da Empresa e esta facilitaranos o expediente.
Todas as sección estan en desacordo tanto coa modificación coma co ERE.
Se fala que temos que empezar a mobilizarnos e loitar polos nosos dereitos.
Que esta claro que a empresa o que pretende é que se negocie un convenio a baixa que todas as seccións sindicais rexeitamos.
CCOO: Mobilizarase e fara todas as accións que xexan consensuadas dentro do pleno do Comité de Empresa.
O vindeiro xoves voltara a ver outra asamblea as 15 horas, e nesta xa teremos o expediente e sabremos o que pretende a empresa.

Ningún comentario:

Publicar un comentario