xoves, 11 de decembro de 2014

REUNIÓN COA DIRECCIÓN DA EMPRESA DO DÍA 11/12/14

Pola empresa estiveron presentes: Silveira ( Conselleiro Delegado), Geremias ( Director medico), Susavila ( dir. RRHH), Maria Antonia ( Dir. Enfermería), Luisa Sanchez(Dir Económica) Marcuño ( Dir. Calidade) Rodriguez (Ex Dir RRHH) e Pimentel Jefe de Logistica.
Polo comité todas seccións sindicais, as independientes e OMEGA.
1 BALANCE ECONÓMICO DA EMPRESA NO ANO 2013.
Faia a presentación o Sr Silveira e nos di que nos vai dar a mesma información que se deu na asamblea de accionistas de Xuño pasado.
Beneficios da empresa 11345000 euros.
Gastos de persoal 60153000 euros.
Nos resultados do ano 2013 están incluidos 12643000 euros dos atrasos que Povisa reclamou xudicialmente ao Sergas por exceso de actividade dos anos 2001 ao 2005.
Estes datos son públicos e se poden consultar a través do Rexistro mercantil. ( CCOO)

2 DATOS SOBRE EMPREGO

O Sr Susavila expon a evolución da cantidade de traballadores a dia 31 de Outubro deste ano con comparativa dos anos anteriores ( 20012 e 2013) tanto no numero de persoal fixo como nas reducións de xornadas. O numero de traballadores fixos aumentou e os de xornada reducida aumentaron moito mais.

3 CONCERTO SERGAS

O Sr Silveira explica o concerto e di:
O sergas pagara a Povisa 534 euros por habitante adscrito a este Hospital, ( antiguo Sector)
Deixaron de perteñecer a este hospital 4664 habitantes.
Povisa tiña adscritos antes da firma do novo concerto 139400 habitantes. A partires do 30 de Novembro a población asignada a Povisa é de 135072 persoas.
Toda población pediatrica do antiguo sector Povisa cando cumpra 15 anos elixira o centro de referencia ben Povisa ou o Chuvi. Igualmente as persoas que troquen de residencia e vaian a vivir para zona Povisa, elixiran entre as duas opcións.
Cada mes se recalculara a población que atende Povisa, dando de baixa os falecementos.
Cada ano voltarase abrir o proceso de cambio, Os que cambiaron de hospital poden voltar a cambiarse.
As antiguas referencias, ( Queimados, Maxilofacial e Ciruxia da Man) Cobrase por cada doente atendido a parte. Facturase o 40% da tarifa que ten estipulada o sergas para eses procesos.
OSergas non esta obligado a derivar estes doentes a Povisa, pode desvialo a outros Hospitais Publicos que teñan esa especialidade, comenta que os pacientes de Maxilofacial da zona de Pontevedra os esta desviando a Hospital de Santiago. De momento os doentes de Ourense e Vigo siguen vindo a Povisa.
Expón que co concerto anterior se se divide o montante económico pola población adscrita a Capita era de 576 euros habitantee agora pasa a 540 euros. Que firmou o novo concerto pola presión que estaba a facer en contra Povisa a Plataforma en Defensa da Sanidade Publica como pola apertura do novo Hospital.
Os pagos son mensuais, se lle reten o 3% para posibles penalizacións ( Lista de espera ect).

4 EVOLUCIÓN PREVISIBLE DA SOCIEDADE

-Descenso da población adignada a Povisa de 139425 a 135072 persoas.
-Deterioro per capita de 576 a 540 euros persoa.
-Perdida de facturación entidades privadas do 25% dende o 2008
-Incremento da cotización a seguridade social con cargo a empresa.
-Eliminación de bonificacións por contratos indefinidos xa formalizados

5 MEDIDAS PARA SER COMPETITIVOS

-Amortizar postos vacios de contido
-Externalizar servicios non competitivos
-reorganización turnos, horarios e funcións
-Negociar un novo convenio colectivo competitivo.
Isto todo foi exposto pola empresa, deu moitos datos e non estan todos aqui. Esta é a postura da empresa. Todo o non escrito en negrita é información da empresa resumido por CCOO faltan cousas e pode haber erros. non se poideron facer preguntas









Ningún comentario:

Publicar un comentario