xoves, 11 de decembro de 2014

PLENO ORDINARIO DO COMITÉ DE EMPRESA DO 11/12/14

1º ALUMNOS EN PRACTICAS

CIG: Comenta que estivo facendo un seguimento, da utilización por parte da empresa, dos alumnos en prácticas, e ésta utiliza a éstes como traballadores, pois fan equipo cos/as auxiliares de enfermería e celadores. Atoparon dous equipos formados por un alumno e unha auxiliar, os equipos en Povisa son de dúas auxiliares de enfermería.
Propón facer un comunicado a RRHH denunciando estes feitos e tamén facer outra notificación para a escola de enfermería.
As independientes din de facer unha nota informativa aos traballadores decindo que os alumnos non poden sustituir traballadores.
Todas as seccións dacordo.

2 REGLAMENTO INTERNO

Entregase copia do reglamento a todas seccións sindicais para que as leven a suas asesorias xurídicas.
Pendente deste tramite e con data de resposta no segundo pleno de xaneiro (22/01/15)

3º INTRUSISMO PROFESIONAL

SGPS: Plantexa ao resto das seccións sindicais por unha denuncia no colexio de enfermería por intrusismo profesional, pois os Técnicos de RX canalizan vias e administran  contraste. Técnicos de Laboratorio extraen sangue. Auxiliar de Enfermería coordina protocolos de Enfermería cando ten unha titulación inferior. Existe a orde na 2ª planta de cambiar sondas de gastrostomia calquer enfermeira sen curso previo de formación.
Resto das centrais sindicais levaran este tema a asesoría xurídica, pois xa hai sentenzas en contra.
A SGPS fara igualmente a denuncia como sección sindical.

4º TURNOS

Este punto foi posto na orden do día, porque se esperaba que en xaneiro cambiaran os turnos. Como de momento non hai nada, queda para o seguinte pleno.

5º XORNADA LABORAL

CIG: Comenta que en varios servicios se esta a facer un computo de horas anuais erroneos e quitanlle festivos ao persoal que ten turno rotatorio de maña, tarde e noite.
Acordase solicitar reunión urxente con RRHH para tratar o seguinte:
Computo de xornada
Permisos de libre disposición
Festivos en dias de xornada de 2 horas
Días de libre disposición que son postos pola empresa en turnos.

6º VARIOS

Reunión de Saude laboral. Hai trocos no protocolo do EBOLA, a zona de ingreso pasa a ser na 2 planta antigua, os traxes de persoal de limpeza e urxencias seran diferentes os dos que teñen que atender aos pacientes. Nuns días poderase descargar o protocolo na intranet.



Ningún comentario:

Publicar un comentario