luns, 3 de novembro de 2014

PLENO EXTRAORDINARIO DO COMITÉ DE EMPRESA DO 30 OUTUBRO 2014

Comenza o pleno extraordinario as 10 horas coa seguinte presencia
CIG: 4 Membros comité
CGT: As 10,06 h.1 Membro comité e as 10,10 h. 1 Delegado sindical e un membro do comité.
SGPS: 1 Membro comité
CCOO: 2 Membros comité e 2 Delegados 
UGT:  1 Membro do comité e 1 Delegado, as 10,07h. 1 Membro do comité e as 10,20h. 1 Delegado
INDEPENDENTES: 2 membros do comité as 10,08h.

Neste pleno fai de secretaria en funcions, un Membro da CIG e a Secretaria fai de Presidenta.

1º ANTEPROXECTO DO CONVENIO COLECTIVO.

CIG: A sua proposta é: 
Incremento salarial do 2% no ano 2014 e 3% no 2015, con revisión ao IPC e que os incentivos pasen ao soldo base.
Recoller no convenio as funcións de todas as categorias.
Resto igual que o anteproxecto anterior.

CGT: Proposta:

Convenio por 4 anos ( 2015,2016,2017,2018) subida salarial do 3% anual con revisión ao IPC
Xornada de traballo igual que no Sergas (1652 horas anuais)
Plus de Domingos e Festivos de 25 euros.
Grupos Profesionais: Tal como está agora no convenio.
Xornadas Reducidas: faran unha proposta máis adiante porque están pendentes de informarse na asesoria xuridica,( solicitar xornada completa para todo o persoal.
Sacar o punto de readmisión das limpadoras, ou senon que todos os despedidos sexan readmitidos..
Resto de anteproxecto anterior igual.

CCOO: Proposta:

Incremento salarial ano 2015 de IPC + 2% con revisión ao IPC
Sacar o punto de readmisión das limpadoras, ou senon que todos os despedidos sexan readmitidos.
Resto do anteproxecto anterior igual.

UGT: Proposta:

Incremento salarial: 1% no 2012, 1,5% no 2013, do 2014 ao 2016 incremento do 2% anual con revisión ao IPC.
Resto do anteproxecto igual.

INDEPENDENTES: proposta:

Incremento do 2% para cada ano 2014,2015 e 2016 con revisión.
Retirar punto do anteproxecto readmisión das limpiadoras.
Categorias Profesionais igual que está agora no convenio.
Resto anteproxecto igual.

SGPS: Proposta:  ( da SGPS me faltan parte das propostas)

Cambio do Bocata do turno de noite por 5euros por noite traballada.
Plus de risco para todo o persoal que estea en contacto con pacientes infeciosos do 25%.
Permisos: Meter en convenio como familiares de 2º grado a Tios e Sobriños.
Que se pague o plus de 170 euros a todos/as enfermeiros/as. ( que cobran agora mesmos enfermeria anterior ao ano 2000).
Becas: Que se pague o mesmo porcentaxe a todas as solicitudes. (Agora pagase un porcentaxe superior as carreiras universitarias)

ANTEPROXECTO CONSENSUADO

Convenio a 3 anos, 2014,2015 e 2016
Incremento salarial do 4% cada ano con revisión ao IPC
Limite de xornada de 1624 horas anuais
Plus de Domingos e Festivos de 25 euros, independentemente das horas traballadas e tipo de contrato.
Cambio de bocadillo noturno por 5 euros noite traballada.
Permisos: meter en familiares de 2º grado a Tios e Sobriños.
Plus de risgo do 25% para todo o persoal que estea en contacto con pacientes infeciosos.
Queda pendente o tema de becas e plus de enfermeria.

2º BECAS

A empresa fixo unha proposta a semana pasada para que os traballadores eventuais tamen poidan solicitar becas.
Todas as centrais sindicais estan en contra desta proposta, en todo caso se algun ano non houbera moitas solicitudes que se acumule para o ano seguinte.
Sobre a proposta de reparto igual para todas as solicitudes, queda pendente de acordo.

Rematado o pleno un representante de cada sección sindical subiu a falar co Director de Recursos Humanos, este notifica ao comité, que todo persoal que paga neste momento, a cuota do Comité de Empresa,  e non faga comunicado interior solicitando que se lle desconten 3 euros para o comité. A empresa non retirara nada aos traballadores. Agora mesmo hay 3 tipos de cuotas que son de 5,3 e 2 euros. A empresa solo descontara 3 euros aos traballadores que o soliciten o resto deixaran de pagar a cuota do Comité.







Ningún comentario:

Publicar un comentario