martes, 25 de febreiro de 2014

NOTA INFORMATIVA

NOTA INFORMATIVA DE CCOO


O pasado xoves as centrais sindicais CIG, CGT, SGPS e UGT reuníronse e tomaron a decisión de convocar movilizacións en contra das medidas da empresa, despidos e modificación sustancial das condicións de traballo do bloque quirúrxico e policlínicas.


CCOO non foi invitada a dita reunión, NON É UN PLENO, para que fose pleno tería que haber 12 membros do comité de empresa, cousa que non se deu.


As folgas convocanse para gañar, e para CCOO  isto pasa por ter o respaldo de todos/as traballadores/as do Hospital , o cal consíguese mediante unha votación en urna , donde todos e todas poidan expresar a sua vontade.
Danos a impresión de que hai moito  “loitador de salón”.


CCOO está polo mantemento do emprego e xornada completa para todos/as os/as traballadores de Povisa


CCOO prefire negociar, a que haxa máis despidos, que xa levamos demasiados, sempre defendendo o emprego e a xornada completa para os traballadores.


CCOO estava por negociar o mantemento das 40 horas para o persoal e NON DESPEDIMENTOS , isto non foi posible porque outros non quixeron negociar.
A unidade consiguese entre as seccións sindicais e chegando a consensos, non impondo, e olvidandose desta sección sindical, minoritaria pero que representa igualmente aos traballadores/as de Povisa.


CCOO participará nas mobilizacións que sexan consensuadas con TODAS as seccións sindicais , e pode mesmo chegar a FOLGA , SEMPRE E CANDO O DECIDAN TODOS/AS TRABALLADORES DE POVISA EN VOTACIÓN EN URNA


CCOO estivo e estará a o lado dos/as traballadores/as nas mobilizacións que éstos decidan maioritariamente , e recurriremos a o xulgado coma xa o fixemos con anterioridade


DESPEDIDOS READMISION

XUNTOS PODEMOS



Ningún comentario:

Publicar un comentario