OS MEDIOS DE COMUNICACIÓN
=========================
Sentencia favorable do T.S.X.G.
A Executiva Comarcal de Vigo da Federación de Sanidade de CCOO, informa dunha NOVA SENTENCIA FAVORABLE para os traballadores de POVISA.
O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia dalle a razón a CCOO e os demais sindicatos do comité de empresa (excepto o sindicato médico O´MEGA) que interpuseron demanda contra a empresa POVISA o modificar os turnos de traballo do BLOQUE CIRÚRXICO e da POLICLÍNICA.
Dita modificación supoñía unha REDUCIÓN DE XORNADA E a CONSEGUINTE MINGOA DE SALARIO.
CCOO, celebra a nova sentencia gañada e van xa moitas contra o intento da empresa de aplicar unha política de austeridade cos traballadores mentras asina un concerto co SERGAS que permítelle a medio plazo incrementar os seus beneficios.
CCOO, insta a empresa a NEGOCIAR UN CONVENIO axeitado donde respete acordos anteriores como o de xuño do 2006 que firmou POVISA xunto a consellería, empresarios, universidade e sindicatos co compromiso de manter o emprego como MÍNIMO o existente nesa data e instamos a que manteña unhos salarios acordes coa prestacións de servizos da empresa e os profesionais.
Ningún comentario:
Publicar un comentario