domingo, 11 de agosto de 2013

NOTA DE PRENSA


  NOTA DE PRENSA DE CCOO SOBRE O ENCERRO DO DIA 8/8/13

A TODOLOS MEDIOS DE COMUNICACION


>
> ARACELI LOUREIRO SOUSA en calidade de Secretaria Xeral da FES de CCOO de Vigo en nome  da EXECUTIVA Comarcal polo conflicto existente en POVISA co seu  Convenio Colectivo, comunicamos o seguinte:

> 1)     No día de hoxe estivemos en manifestación dende a farola da rúa Príncipe ata a Dirección Provincial do SERGAS onde estivemos concentrados no seu interior con grandes cantigas  hacia o mais absoluto silencio desta Institución sobre todo o que pasa neste centro privado e concertado no seu 80% con Fondos públicos.

> 2)      Todas as secciones sindicais de POVISA , asi como os Sindicatos de Sanidade , tamen CCOO,  estivemos a recolectar sinaturas de traballadores e doentes  pertencentes a POVISA para poder entregar este vindeiro luns ao Valedor do Pobo na quenda de mañan en Santiago para dar coñecemento das queixas da calidade asistencial e longas listas de espera neste centro concertado , poñendo de manifesto a escasez da plantilla existente

> 3)     CCOO ten ben claro que tras ser truncadas as negociacións o derradeiro dia 23 de xullo e aplicado o Convenio Provincial , as únicas formas de posible solución do conflicto de Convenio pasan por tres cousas :

> > A NEGOCIACIÓN activa e de boa fe do actual Convenio Colectivo de POVISA

> > A MOBILIZACION  de traballadores  de xeito continuo ata a vindeira FOLGA indefinida do 19 de agosto e continuidade da negociación a partires do 16 de setembro

> > A XUDICIALIZACION  DO CONFLICTO: cuestión xa plantexada E REXISTRADA polas CCOO de Sanidade de Vigo no xulgado o dia 29 de xullo , días despois de finalizada a negociación e para o que xa temos data de xuizo que será o vindeiro 27 de agosto as 10,45 horas da mañana no xulgado nº 5 de Vigo , onde esperamos que o xuiz dicte a favor de manter o  Convenio de Povisa  actual e en base a sentencia da Audiencia Nacional, o que suporía que estes traballadores non cobrasen o 40% menos de salario , porcentaxe incrementado polas ERES  de reducción de xornadas de 40 a 35 horas , e o mesmo tempo de determinadas condicións necesarias para a atención de calidade da población pública adscrita a este centro con concerto  singular e que todos descoñecemos.

> > Dende  CCOO temos moi claro que ademáis do anteriormente dito , unha das medidas mais importantes e a intervención Institucional da Conselleira de Sanidade que é imprescindible, pero que dado que non ten actitude de facer nin decir nada a este respecto , dende CCOO estamos esperando a ser recibidos polo presidente da Xunta, o Sr. Feijoo, para falar de todos estes despropósitos

Araceli LOUREIRO
Secretaria Xeral Sanidade  CCOO de Vigo
Teléfono 629410348

>                                                        Vigo, 8 de agosto do 2013

Ningún comentario:

Publicar un comentario