martes, 30 de abril de 2013

NOTA AOS TRABALLADORES

POR UN CONVENIO XUSTO PARA TODOS/AS

A todos os traballadores/as

a sección sindical de CCOO POVISA ante a paralización do convenio colectivo manifesta:

1º CCOO denuncia a actitud dilatoria da Dirección da nosa empresa dende o comenzo da negociación do convenio e dende Xaneiro totalmente paralizado, creemos que só pretenden chegar ao 7 de Xullo sen ningun tipo de acordo e despois aproveitarse do marcado na reforma laboral e deixarnos sen convenio.

2º CCOO entende conquerir entre todos os traballadores/as e sindicatos un acordo de minimos que pase por garantir o emprego, salario e outras condicións sociais. Non compartimos plantexamentos maximalistas que non comparten os traballadores e retroalimentan a postura patronal. A Dirección de Povisa non se senta a negociar xustificandoo pola “ intranxisencia sindical”  porque o tempo xoga ao seu favor.

3º Non o permitamos, non o consintamos, queremos e merecemos ter un convenio propio, non pode ser que Povisa e o Sergas incumplan o firmado. Neste senso queremos o cumplimento do acordo de Xuño do 2006 donde ambos compremetianse por unha banda o Sergas manter unha carga de traballo suficiente para toda a plantilla e Povisa como minimo a manter a plantilla esistente. Evidentemente CCOO quere que Povisa teña garantida a carga de traballo e ao mesmo tempo que os traballadores non vivan nunha permanente incertidume.

4º Por iso CCOO pide sentido de responsabilidade tanto a Dirección de Povisa como a todos os sindicatos. Voltar a mesa de negociación e non levantarnos ata acadar un acordo nun convenio digno e propiciar un acordo definitivo entre o Sergas e Povisa.

Ningún comentario:

Publicar un comentario