xoves, 21 de febreiro de 2013

PLENO DO COMIOTÉ DO 21/02/13

Hoxe fixemos o calendario de mobilizacións do mes de Marzo.

O dia 1 de Marzo faremos unha ronda de prensa as 10 horas para falar dos problemas que temos na empresa, incumprimento de sentenza.
Se xa saiu sentenza sobre os atrasos ect.

O dia 07/03/13 Concentración na Praza da Estrela, edificio da Xunta de Galiza, .
dende as 08,30 horas ata as 12,30 horas.

O dia 13/03/13 Manifestación as 19,00 horas, saida dende POVISA, Pintor Colmeiro, Lopez Mora, Praza America, Gran Via. tarragona e finalizamos en Barcelona frente Urxencias Povisa.

Todos os Xoves estaremos recollendo signaturas aos usuarios tanto na entrada de POVISA coma na Policlinica de Gran Via.

Falamos dos cursos que POVISA que impartir este ano a traves da Academia Postal e finaciados pola Fundacion TRIPARTITA, ( Empresarios, Goberno e Sindicatos). Imos entregar un escrito a empresa solicitando unha reunión para consensuar estes cursos, se non hai acordo impugnaremolos ante a fundación tripartita,

Fixemos un resume do acontecido o Martes no Parlamento Galego en Santiago.
Por parte de AGE nos recibiu Chelo e Eva Solla, Solicitaron a Xunta as contas do sergas con Povisa, a comparecencia da Conselleira de Sanidade Rocio Mosquera e preguntaranlle sobre a situación de Povosa e tamen solicitan a xunta que cumpra a Lei de Sanidade.

Logo nos recibiu o BNG, Carlos Aymerich, empezou decindo cal é a postura do BNG respecto da sanidade Publica e con respecto da privada, estes son uns defensores da sanidade publica e gratuita e os Hospitais privados deben ser complementarios aos publicos, recoñece que hai que manter o emprego en POVISA e a estabilidade laboral. Fara preguntas na camara sobre a situación pola que estamos pasando.
Nos comenta que unha vez aprobados os presupostos da Xunta toda empresa que traballe para a Xunta ten que aplicar os mesmos recortes a seus traballadores que aplique a Xunta aos seus traballadores, este ano 2013 os traballadores publicos quedaranse sen o 40% de cada paga extra, polo que nos tamen.

Despois recibiunos o PSdeG, Carmen Acuña, recolleu todo o que que lle contamos e quedou en falar cos outros grupos parlamentarios para consensuar as preguntas qu van facer ao goberno da xunta.

Por último recibiunos o PP, Santalices, Vicepresidente do Parlamento Galego, tamen tomou nota da nosa problematica e dixonos que as contrastaria coa direccion de POVISA e logo se poria en contacto con nos e nos daria unha resposta, Maña ten unha reunión coa Dirección de POVISA.

Hoxe as 15 horas recibimos unha notificación da Conselleria de Relacións Laborais, nos ofrece mediar no conflicto do convenio colectivo. O Comité daralle resposta nus dias a este escrito.
CCOO levara este escrito a nosa asesoria Xuridica antes de tomar unha decisión.

A partires do Luns comenzarase a recoller signaturas ao persoal de Hospitalización contra a resujccións de xornadas que a empresa obligou a este colectivo a firmar, estas signaturas presentaraselle a empresa e a Inspecioón de Traballo, e esta levantara un acta sancionador que remitira a Xunta de Galiza, este expediente tarda aoredor dun ano.

Durante o Pleno e logo na asamblea saiu o tema de manifestarnos pola rua Hispanidad ( casa do presidente do consello de administración) CCOO oponse a este tema porque non imos conseguir nada positivo de cara o Convenio e si mais tension dentro da empresa e mais problemas para negociar.



venres, 15 de febreiro de 2013

Retirada de actas do blog

A empresa presentounos un escrito, requerindonos en base ao artigo 69 do E.T, para retirar as actas das negopciacions. A partires de agora no blog faremos resumes. A actas sera aos traballadores de povisa, via imail ou por facebook en privados