xoves, 8 de novembro de 2012

PLENO DO COMITÉ DE EMPRESA DO 08/11/12

1)REDUCCIÓNS DE XORNADAS: Tratamos as reducións de xornadas que a empresa quer impor en diversos servizos aos traballadores, (Medicina Nuclear, Policlínica Interior, Quirófano) Nesta problemática están incluídos , celadores, enfermeiras e auxiliares de enfermería. Todo o comité está desacordo en propor aos traballadores que non firmen reforma laboral, e agora ten a empresa que demostrar porque reduce a xornada ante autoridade laboral. As reducións de xornada teñen que ter unha data de finalización. Todos os traballadores que sexan convocados a unha reunión, ao despacho de recursos humanos ou xefatura, chamen a un membro do comité para que os acompañe. 2)Presentamos un comunicado interior a dirección da empresa. Pedindo que se quer facer reducións de xornada cumpra co estatuto dos traballadores e abra un período de consultas co comité de empresa e notifique a autoridade laboral este feito. 3)Presentamos unha denuncia en Inspección de traballo, polas quendas que a empresa quer impor aos celadores de quendas rotatorias a partir do 1 de Xaneiro. Nesta denuncia se lle require a Inspección de Traballo que actúe pois estas quendas non se axustan ao convenio colectivo e tampouco se axustan sentenza que recentemente gañamos no xulgado do social. 4)Comunicamos a empresa os compoñentes do comité de folga. Os servizos mínimos son os das ultimas folgas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario