xoves, 8 de novembro de 2012

ASAMBLEA DE TRABALLADORES 08/11/12

Denuncia Celadores e Auxiliares: Informamos aos traballadores que esta posto o requirimento de execución da sentenza.Tamén que hoxe presentouse unha denuncia en Inspección de Traballo, polas quendas que lle queren impor a partir de Xaneiro aos celadores. Reducións de Xornadas: Comunicamos aos traballadores que este comité, pide aso traballadores afectados polas novas reducións de xornada que non asignen ningún comunicado solicitando as reducións de xornadas. Tamén que se os chaman a unha reunión ou ao despacho da xefatura, soliciten a presenza dun membro do comité. ( E UN DEREITO). Se informa da presentación dun comunicado a Dirección sobre este tema. Convenio: Se informa que a empresa presentara un anteproxecto o próximo xoves. O luns seguinte faremos unha nova asemblea. Un traballador solicita que nesa asemblea se leve como orden do dia a votación, para traer a un avogado que coñece el de Pontevedra, para que explique a reforma laboral. A este avogado se lle pagaría cos cartos da conta do comité. Se presentou unha denuncia contra a empresa por negociar de mala fe, na mesa de negociación do convenio.

1 comentario: