domingo, 26 de agosto de 2012

PLENO DO COMITE DO DIA 23 AGOSTO 2012 Neste pleno tratouse a reunión que posteriormente tivemos coa Dirección da empresa, para negociar os turnos das auxiliares e celadores, aos que se reduxo a xornada. Acordamos todo o comité que a nosa postura nesta reunión sería, que a reducción de xornada se aplique dentro do horario existente antes daresucción de xornada, turno maña 8 a 15 horas tarde de 15 a 22 horas e noites de 22 a 08 horas. A empresa ten duas opcións reducir a xornada unha hora ou ben un dia libre a semana. Falouse tamen sobre a negociación do convenio, o dia 6 temos reunión, Unha sección propuxo facer outra proposta a empresa de conxelación salarial e resto igual, o resto das seccións non estivemos deacordo, porque se partimos da conxelación teriamos que baixarnos o soldo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario