luns, 28 de maio de 2012

anteproxecto convenio

Anteproxecto Convenio Colectivo 2012 Artigo 5.- Vixencia e duración: Vixencia de dous anos, dende o 01 de xaneiro de 2012 ata o 31 de decembro de 2013. Artigo 9.- Remuneracións: Incremento salarial do 2% en cada ano de vixencia con revisión ao ¡PC, no caso que este supere 2%. Artigo 19.- Xornada de Traballo • Establécese con carácter xeral e en cómputo anual unha xornada máxima de mil seiscentas oitenta e oito horas de traballo ao ano. • Xornada continuada.- a) Os traballadores/as sometidos a quenda de maná , tarde e noite, distribuirán a súa xornada en medias bimensuais de 41 horas de presencia e trinta e oito horas efectivas semanais. As horas así distribuidas, que excedan das limitacións legáis, serán compensadas na forma que se viña facendo e, ademáis, por este concepto, este persoal terá dereito a dous días de descanso ao ano, que se disfrutarán preferentemente en período non vacacional. Na quenda nocturna, o persoal realizará a súa xornada diaria en días alternos, en horario de 22:00 horas a 08:00 horas. b) Os traballadores /as sometidos a quenda de maná e/ou tarde distribuirán a súa xornada en 40 hoas presenciáis e trinta e sefe horas e media efectivas de traballo semanal en horario de 08:00 horas a 15:00 horas na quenda de maná e de 15:00 horas a 22:00 horas na quenda de tarde. Engadir ao final deste artigo, quendas anuais a 1 de Xaneiro. E as modificacións hoarias realizadas ao longo dos anos 2011 e primeiros 5 meses de 2012 superasn xa o 10% de xornada anual modificable pola empresa, polo que durante a vixencia do presente convenio a empresa non modificara mais xornada do presoal. (Resto do artigo sen modificacións). Artigo 20.- Licencias e permisos c) No caso de enfermidade grave, intervención cirúrxica grave, debidamente acreditada, avaliada polo médico responsable do paciente, de cónxuxe, compañeiro/a, pais, fillos/as e irmáns/ás sete días. Artigo 17.-Sobresoldo festivos e domingos: Por cada festivo traballado, estatal, autonómico ou local, o traballador/a percibirá un sobresoldo de festivos e domingos consistente na contía de 21 € por festivo ou domingo traballado. O presente sobresoldo aboarase a todos os traballadores/as que desenvolvan a súa xornada laboral nos citados festivos e domingos, con independencia das horas traballadas, quedando excluido exclusivamente o persoal que nestes días perciban a súa retribución en concepto de garda. Artigo 23.- Engadir ao final o planing vacional a 1 de Xaneiro e rotacións das vacacións ( de Xuño a Agosto a Setembro a Xullo a Xuño. Artigo 33.- Póliza de vida.- Contrátase unha Póliza de Seguro Colectivo para todo o persoal afectado por este Convenio, por un capital de seis mil dez euros con doce céntimos, en caso de xubilación, morte e riscos complementarios especificados na póliza. En caso de xubilación aboarase 3000 euros. (Resto do artigo igual). Artigo 36.- Uniformes e roupas de traballo.- (Engadir ao final): En beneficio da saúde dos traballadores/as, a empresa facilitará, ben a través de ingreso en nómina ou con vales-empresa, que o calzado de traballo sexa adquirido directamente polo persoal, segundo as características ditadas pola empresa. Artigo novo 1.- Xornada completas transformadas en tempo parcial.- Todo o persoal que tivese desempeñado en Povisa o seu traballo con contrato indefinido a xornada completa ( incluidos os contratos sergas) e cuxo contrato fora transformado a tempo parcial, sen que dita redución fora solicitada por motivos persoais, recuperará en orde de antigüidade a súa xornada completa. Para poder facer efectiva dita recuperación de xornada, a empresa non realizará ningunha contratación de persoal novo ata que todo o persoal que así o desexe non teña recuperada a súa xornada completa. Artigo novo 2.- Contratos a tempo parcial: A Dirección deberá xustificar a súa necesidade ante o comité de empresa. Non poderán ser superiores ao 85% da xornada normal, nin inferiores ao 15%. Todos os traballadores/as contratados a tempo parcial terán os mesmos dereitos que os traballadores/as a xornada completa. Artigo novo 3.- Reincorporación persoal limpeza.- En canto remate a vixencia do contrato do servizo da limpeza establecido entre Hospital Povisa e Limpezas Samyl, este non será renovado. Para dar cumprimento á limpeza do hospital, a dirección de Povisa contratará ao persoal de limpeza despedido por causas obxectivas no ano 2011. Artigo novo 4.- Habitación individual para traballador/a Conxugue ou parella. GRUPOS PROFESIONAIS Desarrollarase os grupos profesionais e as áreas

Ningún comentario:

Publicar un comentario