luns, 28 de maio de 2012

Pleno extraordinario 28/05/2012

Hoxe tivemos pleno do comite, para rematar a redacción do convenio e entregarllo a empresa. Xa fora presentado na 1º reunión de convenio, pero de viva voz. Tamen tratamos os comentarios que hai polo hospital, sobre o convenio provincial que ofrece a empresa, este seria para todos/as traballadores/as e as condiccións economicas e sociais son as do convenio provincial, para todos/as sen excepción. que non vos confundan , unha enfermeira cobraria 900 euros, non o que esta a cobrar agora mesmo.

anteproxecto convenio

Anteproxecto Convenio Colectivo 2012 Artigo 5.- Vixencia e duración: Vixencia de dous anos, dende o 01 de xaneiro de 2012 ata o 31 de decembro de 2013. Artigo 9.- Remuneracións: Incremento salarial do 2% en cada ano de vixencia con revisión ao ¡PC, no caso que este supere 2%. Artigo 19.- Xornada de Traballo • Establécese con carácter xeral e en cómputo anual unha xornada máxima de mil seiscentas oitenta e oito horas de traballo ao ano. • Xornada continuada.- a) Os traballadores/as sometidos a quenda de maná , tarde e noite, distribuirán a súa xornada en medias bimensuais de 41 horas de presencia e trinta e oito horas efectivas semanais. As horas así distribuidas, que excedan das limitacións legáis, serán compensadas na forma que se viña facendo e, ademáis, por este concepto, este persoal terá dereito a dous días de descanso ao ano, que se disfrutarán preferentemente en período non vacacional. Na quenda nocturna, o persoal realizará a súa xornada diaria en días alternos, en horario de 22:00 horas a 08:00 horas. b) Os traballadores /as sometidos a quenda de maná e/ou tarde distribuirán a súa xornada en 40 hoas presenciáis e trinta e sefe horas e media efectivas de traballo semanal en horario de 08:00 horas a 15:00 horas na quenda de maná e de 15:00 horas a 22:00 horas na quenda de tarde. Engadir ao final deste artigo, quendas anuais a 1 de Xaneiro. E as modificacións hoarias realizadas ao longo dos anos 2011 e primeiros 5 meses de 2012 superasn xa o 10% de xornada anual modificable pola empresa, polo que durante a vixencia do presente convenio a empresa non modificara mais xornada do presoal. (Resto do artigo sen modificacións). Artigo 20.- Licencias e permisos c) No caso de enfermidade grave, intervención cirúrxica grave, debidamente acreditada, avaliada polo médico responsable do paciente, de cónxuxe, compañeiro/a, pais, fillos/as e irmáns/ás sete días. Artigo 17.-Sobresoldo festivos e domingos: Por cada festivo traballado, estatal, autonómico ou local, o traballador/a percibirá un sobresoldo de festivos e domingos consistente na contía de 21 € por festivo ou domingo traballado. O presente sobresoldo aboarase a todos os traballadores/as que desenvolvan a súa xornada laboral nos citados festivos e domingos, con independencia das horas traballadas, quedando excluido exclusivamente o persoal que nestes días perciban a súa retribución en concepto de garda. Artigo 23.- Engadir ao final o planing vacional a 1 de Xaneiro e rotacións das vacacións ( de Xuño a Agosto a Setembro a Xullo a Xuño. Artigo 33.- Póliza de vida.- Contrátase unha Póliza de Seguro Colectivo para todo o persoal afectado por este Convenio, por un capital de seis mil dez euros con doce céntimos, en caso de xubilación, morte e riscos complementarios especificados na póliza. En caso de xubilación aboarase 3000 euros. (Resto do artigo igual). Artigo 36.- Uniformes e roupas de traballo.- (Engadir ao final): En beneficio da saúde dos traballadores/as, a empresa facilitará, ben a través de ingreso en nómina ou con vales-empresa, que o calzado de traballo sexa adquirido directamente polo persoal, segundo as características ditadas pola empresa. Artigo novo 1.- Xornada completas transformadas en tempo parcial.- Todo o persoal que tivese desempeñado en Povisa o seu traballo con contrato indefinido a xornada completa ( incluidos os contratos sergas) e cuxo contrato fora transformado a tempo parcial, sen que dita redución fora solicitada por motivos persoais, recuperará en orde de antigüidade a súa xornada completa. Para poder facer efectiva dita recuperación de xornada, a empresa non realizará ningunha contratación de persoal novo ata que todo o persoal que así o desexe non teña recuperada a súa xornada completa. Artigo novo 2.- Contratos a tempo parcial: A Dirección deberá xustificar a súa necesidade ante o comité de empresa. Non poderán ser superiores ao 85% da xornada normal, nin inferiores ao 15%. Todos os traballadores/as contratados a tempo parcial terán os mesmos dereitos que os traballadores/as a xornada completa. Artigo novo 3.- Reincorporación persoal limpeza.- En canto remate a vixencia do contrato do servizo da limpeza establecido entre Hospital Povisa e Limpezas Samyl, este non será renovado. Para dar cumprimento á limpeza do hospital, a dirección de Povisa contratará ao persoal de limpeza despedido por causas obxectivas no ano 2011. Artigo novo 4.- Habitación individual para traballador/a Conxugue ou parella. GRUPOS PROFESIONAIS Desarrollarase os grupos profesionais e as áreas

sábado, 19 de maio de 2012

EN RESPOSTA A NEGATIVA A ROTAR SOBRE A PRESIDENCIA E SECRETARIA DO COMITÈ DE EMPRESA POR PARTE DE SGPS E CGT. A verdade e que non nos sorprendeu moito que a SGPS non aceptara a proposta de CCOO, pois poderiase decir que non està nin se lle espera no comitè, só hai que comprobar como unha representante desta sección, que presumiu polo hospital que ela non aceptaba a reducion de xornada, en canto a empresa a puxo de pull, recuou e acepta a reducion eos turnos....... Sobre a CGT, leva meses denunciando ante as secciòns sindicais e as asambleas de traballadores, que un comitè sin Presidente e secretario non era serio, que así era mopi dificil traballar. E agora que poderia habelo, son eles os que non queren asumir a sùa responsabilidade. Dende logo CCOO non entende nada do que dì por un lado a CGT, e logo escondese para non teren que asumir 7 meses a presidencia. Eles saberan....
PLENO EXTRAORDINARIO DO COMITE DE EMPRESA 16/07/12 1) Presentación dos anteproxectos de convenio. 2) Rotación da presidencia e secretario do comité de empresa. Anteproxecto de CCOO: Convenio de 2 anos de duracion. Conxelación salarial no 2012, Suxeto a que os traballadores aos que se lle reduxo a xornada, pasen a xornada completa, nun prazo razonable. 2013 subida do IPC real do 2012, con revisiòn o IPC do 2013. Milloras sociais: Habitación individual para os traballadores/as e as suas parellas. Turnos anuais para todo o persoal, que seran entregados como fecha tope o 1 de Xaneiro. Vacacións, exporase o calendario oficial das vacaciòns o 1 de Xananeiro ( rotación do convenio) Anteproxecto da CIG: Convenio de 2 anos de duraciòn Subida do 2% con revisión o IPC Milloras sociais: Recoller en convenio a flexibilidade horaria, que permite a reforma laboral (5%), que se recolla que esta flexibilidade xa esta contemplada nas quendas anuais. Domingos e festivos, que o cobren todos os traballadores, incluidos os que teñen redución de xornada. Clasificaciòn laboral, recoller en convenio as clasificacións laborais. Poliza de vida, recoller en convenio que cvando un traballador se xubile cobre 3000 euros do seguro de vida. Que se cumpla o artigo da promoción interna. Que o persoal que esta con xornada partida pasen a completa en 2 anos. Os permisos de enfermidade sexa o medico de familia quen determine a gravidade, non o medico de empresa. Despedidas de limpeza , sexan rehadmitidas unha vez rematada a concesion da empresa de limpeza. Baixaro tope da xornada laboral a 1688 horas. Zocos , que a empresa entregue un vale para que cada traballador/a merque os seus zocos. Proposta da CGT Convenio a 3 anos 2012 conxelación salarial 2013IPC real 2014 IPC real. Melloras sociais: Facer unha redación nova dos artigos do convenio colectivo, para que quede todo mais claro Proposta UGT: convenio a 3 anos 2012 conxelación salarial 2013 e 2014 subida do IPC real. Milloras sociais: Que todo o persoal con redución de xornada pase a xornada completa. Proposta da SGPS: convenio por 2 anos 2% de subida salarial cada ano con revisión ao IPC. Discutese entre as seccións sindicais sobre a subida salarial e duracion do convenio. Non se chega a ningun acordo, decidimos que sexa a asamblea a que decida. A CIG esta deacordo coas medidas sociais de CCOO, tamen es deacordo a UGT. CCOO apoia as medidas sociais que presenta a CIG. As seccions sindicais solicitanlle a CGT que nos presente, como quedaria a redaciòn do convenio colectivo, para poder levarllo as asesorias xuridicas e logo respostaremos. Problemas coas vacacións no mes de decembro: Solicitase unha reunion urxente coa direccion para tratar este tema, suben 2 representantes de cada seccion sindical, recibenos o Sr Susavila, nis di que non van conceder as vacaciòns en decembro, se lle di que teñen que cumplir o convenio e a sentencia do tribunal superior de Galicia. Nos di que nos dara a resposta definitiva o martes 22. 2) As secciòns sindicais dan resposta a proposta de CCOO de acordar a rotaciòn da Presidencia e secretaria do comitè de empresa. CIG: està deacordo, pero di que considera despois do que pasou cando tibo a presidencia tera que ser a ultima en rotar. UGT: està deacordo coa proposta e tamen esta deacordo que a CIG sexa a ultima en rotar. SGPS: non esta deacordo coa proposta de CCOO e non vai rotar. CGT: Tampouco vai a asumir a rotación. CCOO: entende a postura da CIG e esta deacordo en que sexa a ultima en rotar. Non entende a postura de SGPS nin de CGT, consideramos que neste momento è necesario a figura de presidente e secretario do comité de empresa. CCOO: Visto que non se logrou o consenso para conseguir o reparto de presidencia e secretaria retira a sua proposta, estudiaremos presentar outra proposta. Sen mais remata o pleno

mércores, 9 de maio de 2012

reunión coa inspección de traballo

Onte martes tivemos unha reunión coa inspectora de traballo. CAMBIO DE TURNOS. segun a inspectora a empresa non pode obligar a ninguen a cambiar o turno alegando necesidades asistenciales, hai parados dabondo, polo tanto só se o traballador acede voluntaria mente, sen presións. Non permitira que nas quendas dos traballadores non se respete o descanso de 12 horas entre xornadas, ainda que os traballadores estean deacordo, o prohibe o estatuto dos traballadores por seguridade non traballo. Outro tema son os cambios ocasionais entre traballadores. VACACIÓNS: a empresa ten que cumplir a sentencia do tribunal superior de Galicia. A partición das vacacións é potesta dos traballadores e estes fixan cando comenzan e rematan, só as pode denegar se pedimos os dous periodos dentro do planing de vacacions, Xuño, Xullo, Agosto, e Setembro, e temos que pedir como minimo 7 dias. RETIRADA DO 5% DOS INCENTIVOS AO PERSOAL QUE SECUNDOU A FOLGA XERAL Violación dun dereito fundamental, a empresa non pode tomar ningunha medida disciplinaria por o feito de facer folga. CCOO presentara denuncia polo tema. Son denuncias individuais. Salvo rareza o xuicio esta gañado. Non se poden pasar a Constitucion polo forro como quere. CAFETERIA A inspectora reuiriralle a empresa que ten mal feito o calculo, son 27 minutos con 30 segundo de cafeteria.

COMISIÓN PARITARIA

O pasado luns dia 7/05/12 celebrouse a derradeira reunión da comisión paritaria. Nesta reunión non se chegou a ningún acordo, a empresa non fixo ningunha proposta, sobre os atrasos. queda pechada esta comisión. Os xuzgados decidiran sobre este asunto. Nesta reunión fixouse o calendario da negociación do novo convenio colectivo, comenzan o martes dia 22/05/12, habera duas reunions semanais os martes e xoves.