martes, 17 de abril de 2012

PLENO ORDINARIO DO COMITÉ DE EMPRESA DO 12/04/12

1/ CCOO: Comunicalle as seccións sindicais que o pròximo dia 19/04/12 as 10,15 horas è o acto de conciliaciòn, sobre a demanda de "conflicto colectivo", que interpuxo contra as reducciòns de xornadas e quendas dos celadores e auxiliares, no smac.

CIG: pregunta a CCOO, que avogado leva a demanda e se nos parece ben que o seu avogado se poña en contacto co de CCOO para presentar a demanda conxuntamente.
CCOO: O avogado è Ramon e estamos deacordo en presentala conxuntamenmte.

2/Comisión paritaria
O dia 9/04/12 constituiuse a comisiòn paritaria, por un lado un membro de cada secciòn sindical e pola da empresa o mesmo nùmero de persoas. Elixiuse presidenta a Gemma da CGT e secretario a Susavila director de RRHH.
Nesta reuniòn preguntouselle empresa se està disposta a pagar os atrasos.
A empresa respostou que ela cré que os atrasos estan compensados co IPC do ano anterior (2009)e que non ten que pagalos.Rematou a reuniòn da comisiòn paritaria.

CIG: Vai seguir coa demanda dos atrasos que esta recurrida no tributal superior de Galicia.
Di tamen de presentar unha denuncia diante de inspección de traballo, pola mala fe da empresa sobre a non convocatoria da mesa negociadora do convenio colectivo.

OMEGA: Propon pedir o 0,5% dos atrasos e negociar o resto no convenio colectivo.

CIG: A cambio de algo. A empresa nega os atrasos non quere negocialos.

CCOO: A empresa tera que facer unha oferta, que demomento non hai, pero partindo da base que nos debe o 1% de dous anos e catro meses.

CGT: Estś deacordo en meter os atrasos na negociaciòn do convenio colectivo.

3/ Convenio colectivo

CGT: Di de facer un comunicado solicitando a reunión da mesa negociadora do convenio colectivo, pondo iunha data, e se non se convoca presentar denuncia ante inspeccon de traballo.

Todas as seccións estan deacordo.

Faise o comunicado solicitando a reuniòn para o Luns dia 16/04/12.
Tamen se solicita unha reunión da comisiòn paritaria para o mesmo dia, para recoller e asignar a acta da reunion anterior.

Un membro da CGT pregunta a CIG se q grabadora que teñen enriba da mesa esta grabando o pleno.
A CIG resposta que si.

CGT: di que non lle da permiso para grabalo e que se non apagan abandona o pleno.

CIG: os plenos os grabamos e non vamos a apagala.

O membro da CGT abandona o pleno.
Dase por rematado o pleno

Ningún comentario:

Publicar un comentario